A BBC pinta de cores a historia británica

A BBC vén de crear unha liña do tempo da historia británica baseada nunha escala de cores interactiva.

Movernos pola historia británica coma se dun percorrido polo arco da bella se tratara. Iso é o que nos permite o proxecto da BBC. Unha liña do tempo baseada na diferenciación de etapas históricas mediante cores. A interfaz déixanos saltar da Idade de Ferro á época dos vikingos e ver os acontecementos máis importantes que fan referencia a eses anos. Un paseo pola vida das illas que abarca dende o neolítico ata o 2005.

A web, no apartado «Take a Journey», tamén permite facer buscas selectivas por temas. Así, por exemplo, podemos saber como evolucionaron os dereitos das mulleres británicas ao longo da historia ou seguir os adiantos tecnolóxicos que se sucederon no marco das Illas Británicas.

O equipo interactivo da BBC solucionou miles de anos de historia cunha tira de cores, sen dúbida unha innovadora estratexia de deseño.

Carlos Toural

Deja un comentario