A iniciación no contorno dixital

ARQUÉS i SALVADOR, Neus: Aprender comunicación digital, Barcelona, Paidós, 2006.

Sobre comunicación dixital e Internet hai unha enorme cantidade de libros. Hai unha escalofriante cifra de sitios e outros espazos na World Wide Web. Hai un incontable número de artigos e informes. As tecnoloxías da información e comunicación forman parte dunha incontable profusión de páxinas, tanto impresas como virtuais. Toda esa inconmensurable documentación estará adscrita a diferentes categorías ou clases, de acordo cos sistemas de avaliación dos contidos. Existen textos para analfabetos dixitais, para iniciados, para expertos de nivel medio, para especialistas e experimentados usuarios. E, a pesar da rápida evolución do ciberespazo e o vertixinoso proceso de conexión cidadán á rede de redes, sempre, aló menos polo de agora, haberá persoas que tenten explorar por primeira vez os vericuetos do entorno das redes. Polo que sempre é de agradecer que algún autor ou autora busque formas de achegar os riscos desa sociedade en rede, de acordo co sociólogo Manuel Castells, aos neófitos. Non está nada mal depurar e sintetizar o discurso de tal xeito que se navegue pola esencia de servicios e recursos que hai a disposición do usuario a través de Internet.

O libriño de Neus Arqués forma parte deses manuais que diseccionan a comunicación dixital dun xeito práctico, cunha linguaxe directa e comprensible e cunha estructuración de contidos clara e lóxica. A mensaxe é nítida. A autora guía ao lector polos aspectos configurantes do ciberespazo: significación, orixe e evolución; a relevancia do texto; os formatos propios, dende o sitio web ata a bitácora, identificando os riscos e fixando os aspectos máis elementais na construcción de calquera mensaxe que se difunda a través da rede. O texto, a súa organización e redacción ocupa un apartado importante no manual. O tratamento e a funcionalidade da palabra aparecen como aspectos que merecen unha total consideración para facer efectivas as mensaxes.

Neus Arqués recolle un bloque dedicado ademais á publicidade en liña e a difusión de marca. A súa vinculación ao mundo da empresa vislúmbrase ao longo das páxinas, utilizando o nome da organización da que é responsable nos exemplos puntuais que describe. Isto fai que o documento pareza recoller consellos dirixidos ao ámbito empresarial para que descubran as formas de optimizar a comuncación a través de Internet. Esto sí, do que non fala é de programas, ordenadores, aquelas custións máis achegadas ao ámbito da tecnología, do mecánico. Un aspecto que, dalgunha maneira, sempre se cola entre os textos dedicados ao novo sistema de información e comunicación.

Sempre faltan asuntos, sempre se podería elaborar doutra forma, sempre hai outras posibilidades. En todo caso, este pequeño libriño apela ao longo das súas páxinas á conversa que se desenvolve a través da rede, e que esa conversa polo de agora está integrada por palabras, que hai que coidar para alcanzar o marchamo de credibilidade necesaria para facerse visible entre os usuarios.

Estamos fronte a un traballo de doada lectura, coa pretensión de fixar coneptos dos que poder partir despois para ampliar a información noutro tipo de documentos.

Citas:

1. “Todos nuestros textos (desde el párrafo hasta la frase, pasando por el titular) serán cortos y concisos” (páxina 42)

2. “El despiece de la información (chucking en inglés) obedece a la naturaleza «predatoria» de nuestro usuario, que llega a la pantalla como si fuera un cazador: echa un vistazo, decide si hay algo que le interesa y se va” (páxina 43)

3. “Para que un usuario se decida a actuar, antes tenemos que ganarnos su confianza. Tenemos que establecer nuestra identidad en el ciberespacio como lo haríamos en una relación presencial. Sólo cuando el usuario nos considere creíbles podremos establecer una relación transaccional con él” (páxina 60).

M.O.L.

Deja un comentario