Fondo pesar polo pasamento de Marques de Melo

A comunidade lusófona de comunicación chora a perda de Marques de Melo. Numerosas asociacións e investigadores expresaron o seu pesar. Agacom lembra a figura do primeiro doutor en Comunicación titulado por unha universidade brasileira e recupera a homenaxe de Margarita Ledo Andión no congreso da Asociación Española de investigación de la Comunicación (AE-IC) en Madrid. O profesor Marques de Melo tivo unha ampla traxectoria académica. Foi fundador da INTERCOM e nomeado » Comunicador da Paz» pola Organización Católica Latinoamericana y Caribeña de la Comunicación.

Nota da Agacom: http://www.agacom.org/single-post/2018/06/21/Pesar-polo-pasamento-de-José-Marques-de-Melo

Deja un comentario