Miguel Túñez dirixirá a Cátedra RTVE-USC sobre medios de servizo público en Europa

O profesor Miguel Túñez López, membro de Novos Medios, dirixirá a Cátedra RTVE-USC sobre medios de servizo público en Europa, creada mediante un convenio recentemente firmado polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e o presidente de Radio Televisión Española (RTVE), José Manuel Pérez Tornero. A comisión de seguimento propuxo ao profesor Túñez López para liderar este proxecto, medida que o reitor asinará nos próximos días.

Esta cátedra ten como obxectivo a investigación aplicada á evolución destes medios, así como ao concepto de valor público. “A cátedra traballará nunha definición deste concepto, cales son os indicadores que o definen e en facer propostas a RTVE para avanzar neste ámbito”, sinalou o profesor Túñez logo da firma do convenio.

O reitor amosouse agradecido a RTVE por elixir a USC como socia estratéxica a través dunha cátedra, o que supón “vocación de permanencia”. Ademais, Antonio López quixo subliñar a implicación da Facultade de Ciencias da Comunicación pola súa oferta educativa e capacidade investigadora “con grupos novos e potentes”.

Pola súa parte, o presidente de RTVE destacou no acto que “precisamos facer xornalismo de calidade, o que implica unha reflexión previa sobre o labor que se fai neste ámbito”, engadiu. “A idea de desenvolver unha cátedra entronca coa aspiración de crear unha Rede de excelencia coas universidades que axude á transformación do servizo público”, destacou tamén o presidente de RTVE. Da USC como socia no marco desta cátedra, destacou o prestixio, a calidade, e a súa posición destacada no mapa universitario.

Máis información

Un día de traballo na edición dixital de La Voz de Galicia

Co gallo da celebración do 10º anirversario do seu nacemento, lavozdegalicia.es produce un especial que fai un percorrido polos seus dez anos de vida onde recolle os acontecementos máis destacados de cada ano, a evolución do deseño, datos de audiencias así como a aparición das redes sociais e a súa incorporación ao deseño do xornal. Unha das pezas que compoñen o especial é este vídeo no que se recolle como é o funcionamento diario da edición dixital de La Voz de Galicia.

Na busca de valor engadido no xornalismo: unha mirada ás redes sociais

A información deste texto relativa ao The New York Times e as opinións de Jennifer Preston están tiradas de dúas entrevistas publicadas en elpais.com e 233grados.com á social media editor do xornal norteamericano

Jennifer Preston é a editora de medios sociais do xornal The New York Times. Logo dunha longa traxectoria como xornalista no xornal norteamericano, en maio de 2009 nomeárona «social media editor», posto que nos últimos tempos ten cobrado moita relevancia nos medios de comunicación. Puxeron nas súas mans todas aquelas cuestións que teñen quen ver co posicionamento e presenza do medio nas redes sociais. Como recoñece Preston, naquel momento sentiuse perdida ao ter que asumir o novo posto, pero pronto se decatou de que a vía de colaboración cos usuarios e lectores do The New York Times era o camiño polo que debían transitar. Deste xeito, por exemplo, no xornal da cidade de Nova Iork pasouse de administrarse unha única cunha conta xenérica do medio a ter 85 activas na acutalidade dedicadas a distintos temas que alimentan máis de 145 xornalistas.

O xornal busca un contacto necesario coa audiencia, facer que os usuarios e lectores se sintan parte do medio tendo en conta os seus comentarios en Twitter ou Facebook, facendo que as súas informacións e datos formen parte das historias que se contan no The New York Times. Obviamente, faise necesaria unha labor de selección que Preston considera esencial. Dende o seu equipo no xornal faise un seguemento dos distintos perfís dos usuarios que participan con comentarios nas contas propias do The New York Times, as súas achegas, os textos publicados nos seus perfís, etc. co obxectivo de poder identificar distintos niveis de confianza nas redes sociais á hora de investigar certos datos ou acudir a lugares indicados polos twitters ou usuarios de Facebook.

Esta estratexia de incorporar, a través do filtro do rigor e da selección, os usuarios á dinámica de funcionamento do medio mediante as estratexias postas en marcha a través das redes sociais ten como resultado un nivel de implicación por parte da audiencia co xornal moi alto (cando no medio se anuncia que se vai facer unha reportaxe sobre un tema determinado, o medio pode recibir centos de correos electrónicos aportando ideas, datos, localizacións, etc.). A clave do bo funcionamento e integración das redes sociais no traballo dos xornalistas de The New York Times é que estes entenderon, dende o primeiro momento, o que para Preston era unha evidencia: as redes sociais aportan un valor engadido esencial ao traballo xornalístico.

O futuro dos medios impresos xa está aquí, como afrontalo?

Non hai dúbida de que a prensa escrita se atopa nun momento de crise no que as ventas baixaron de xeito alarmante. A rápida e imparable penetración das TIC na sociedade e o uso intensivo que esta fai das novas ferramentas e conexións de banda ancha en mobilidade constrúen un panorama de reconfiguración para os medios impresos. Aquel futuro que os medios impresos vían lonxano non hai moitos anos xa chegou, e fíxoo coa mesma velocidade coa que as novas tecnoloxías se instalaron entre nós. Así, futuro é presente e comeza a ser pasado e os medios impresos proban modelos que os deben levar a reinventarse neste novo contexto.

Presentamos dúas reportaxes. Na primeria, «I tu quin diari compres?» -documental realizado pola Televisió de Catalunya- analízase a crise dos medios impresos que ven como, paradoxicamente, moitos diarios se atopan ante a difícil decisión de ter que pechar as súas redaccións nun contexto coma o actual, onde se consumen máis noticias e información ca nunca.

A segunda reportaxe foi emitida por TVE a través do seu programa Informe Semanal (27/02/2010) e, baixo o título «La tormenta de papel», analiza a situación de crise que viven os medios impresos da man dos directores dos principais medios impresos e dixitais españois, que aportan acertadas visións e apuntan modelos de negocio cos que esperan poder adaptarse á reconfiguración dos ecosistema mediático.

Enlace: pincha aquí.

Xa se pode consultar a hemeroteca da Biblioteca Británica na rede

A Biblioteca Británica vén de dar acceso aos seus arquivos hemerográficos a través da rede. Máis de dous millóns de páxinas de 49 xornais británicos dó século XIX e de principios do XX están a disposición de todo aquel que queira consultalas. Se ben a busca de textos é gratuita, aquelas persoas que queiran acceder aos artigos deberán acudir a institucións que estean suscritas ou aterse a unha das fórmulas de pago individual:

– 6’99 libras (8’20 euros) o acceso a 100 artigos durante 7 días
– 9’99 libras (11’73 euros) o acceso a 200 artigos durante 7 días

Resulta interesante, sen dúbida, poder acceder ás páxinas dos xornais que describiron algúns dos acontecementos máis importantes da época e que fixeron, a través dos seus artigos, unha radiografía da sociedade do momento.

Unha conversa sobre gráficos e multimedia no New York Times

Na viaxe que realizamos recentemente aos Estados Unidos, tivemos a oportunidade de visitar o New York Times e entrevistarnos con dúas persoas claves para comprender o actual liderazgo en innovación do nytimes.com, a edición electrónica do emblemático e influínte xornal. Tratábase de Steve Duenes, editor de Gráficos e Andrew DeVigal, o editor de multimedia, mercé á intercesión de Xaquín González, Xocas, un infografista que está a traballar na área de gráficos do NYT, adaptando os gráficos de papel ao contorno web. Desa experiencia, editamos 17 minutos de vídeo con fragmentos relevantes que te poden interesar.

Nas interesantísimas e longas entrevistas con Duenes e DeVigal, puidemos reflexionar con eles sobre este proceso de cambio dun xornal tan complexo coma o New York Times. Nos últimos tres anos, a redacción comezou a vivir un interesante proceso de transformación: elimináronse xerarquías intermedias e todas as áreas comezaron a traballar dunha forma máis aberta e descentralizada, por unha banda, e pola outra entrou na redacción numerosa xente nova de perfís non xornalísticos, senón máis ben técnicos: programadores, especialistas en deseño web, etc. Ese proceso tivo dúas consecuencias para o xornal: a primeira foi un incremento de produción en todas as áreas máis artesanas (e multimedia, gráficos e a web o son) ata niveis moi elevados. «Somos capaces de publicar multimedia», dinos DeVigal, «de xeito habitual, diaria ou semanalmente». Pero tamén tivo contrapartidas, como nos sinalou Steve Duenes: toda a xente con eses novos perfís carece de formación xornalística e iso limita bastante a execución dalgunhas historias. Unha pura historia das consecuencias da evolución dos medios, cos seus achados e contradicións.

Duenes e DeVigal afrontan cunha receita clásica e moita apertura de miras o futuro do xornalismo. «It’s all about content», asegura DeVigal cando se lle pregunta que é o que distinguirá aos medios nun contexto de sobreabundancia informativa. Os multimedias do New York Times fanse con xornalistas radiofónicos, reclutados na radio pública, que a base de Audacity, editan, reeditan e traballan o audio para conseguir un discurso directo, sinxelo e claro nas fontes. Pura paciencia. Pero os cambios, benvidos sexan: «Os programadores están a cambiar a nosa visión da narración de historias». Para o futuro inmediato, DeVigal ve dúas direccións: a sala de estar e o teléfono móbil. «Xa estamos deseñando historias para ser vistas nunha televisión interactiva, nunha sala de estar», asegura DeVigal, «pero tamén queremos velas aquí [sinala o seu iPhone], malia que aínda non teñamos un xeito de facer economicamente sustentábel as experiencias móbiles. Sei que hai diñeiro, pero aínda non sabemos onde».

[lang_gl]PolitiFact.com faise co primeiro Pulitzer para un medio dixital[/lang_gl][lang_es]PolitiFact.com se hace con el primer Pulitzer para un medio digital[/lang_es][lang_en]PolitiFact.com wins Pulitzer[/lang_en]

[lang_gl]O xornal de Florida, St Petersburg Times, propiedade do Instituto Poynter, obtivo este recoñecemento na categoría «reporterismo nacional» pola súa web PolitiFact.com, desenvolvida para a última campaña presidencial estadounidense.[/lang_gl] [lang_es] El periódico de Florida, St Petersburg Times, propiedad del Instituto Poynter, ha obtenido este reconocimiento en la categoría «reporterismo nacional» por su web PolitiFact.com, desarrollada para la última campaña presidencial estadounidense. [/lang_es] [lang_en]The newspaper of Florida, St Petersburg Times, property of the Poynter Institute, obtained this recognition by its web PolitiFact.com, developed for the last American presidential campaign. [/lang_en]

[lang_gl]Rocky Mountain News, outro xornal ao que a crise afoga[/lang_gl]The crisis drowns the Rocky Mountain News[lang_es]Rocky Moutain News, otro periódico al que la crisis ahoga[/lang_es][lang_en][/lang_en]


Final Edition from Matthew Roberts on Vimeo.

[lang_gl]O Rocky Mountain News, a cabeceira máis vella de Colorado, nos Estados Unidos, pechou o pasado 27 de febreiro logo de 149 anos e 311 días de existencia. A empresa Scripps, propietaria do xornal de Denver, decidiu poñelo en venta ante a imposibilidade de facer fronte ás perdidas acumuladas de máis de 16 millóns de dólares no ano 2008, pero non atopou comprador. Matthew Roberts, editor multimedia do xornal, elaborou este vídeo que recolle entrevistas a algúns lectores, xornalistas e editores e serve de despedida dun dos símbolos da crise da prensa.[/lang_gl] [lang_es]El Rocky Mountain News, la cabecera más vieja de Colorado, en los Estado Unidos, cerró el pasado 27 de febrero después de 149 años y 311 días de existencia. La empresa Scripps, propietaria del periódico de Denver, decidió ponerlo a la venta ante la imposibilidad de hacer frente a las pérdidas acumuladas de más de 16 millones de dólares en el año 2008, pero no encontró comprador. Matthew Robers, editor multimedia del periódico, ha producido este vídeo que recoge las entrevistas a algunos lectores, periodistas y editores y sirve de despedida de uno de los símbolos de la crisis de la prensa.[/lang_es] [lang_en]The Rocky Mountain News, the oldest newspaper of Colorado, in the United States of America, closed last February 27 after 149 years and 311 days of existence. The company Scripps, owner of the newspaper of Denver, decided to put it to the sale before the inability to face to the losses accumulated of more than 16 million dollars in the year 2008, but nobody bought it. Matthew Robers, multimedia editor of the newspaper, has produced this video that gathers the interviews to some readers, journalists and editors and uses as farewell as one as the symbols of the crisis of the press.[/lang_en]

Localizar novas cadeas de valor para os contidos nos cibermedios

O programa Shaping the future of the Newspaper da Asociación Mundial de Editores de Periódicos produciu en marzo un interesante informe: The value of news content (aquí pódese descargar o resumo executivo). «O hipercompetitivo escenario de medios e un mercado conducido polo consumidor están a crear unha oportunidade para que as compañías de xornais maximicen a Cadea de Valor do contido para ser máis eficiente e obteña beneficio», advirten os redactores. O informe contén algunhas recomendacións ben interesantes sobre o escenario actual: están moi orientadas ás grandes compañías de comunicación pero teñen reflexións interesantes tamén en pequenas e medianas empresas e medios, especialmente no caso de pequenos ecosistemas mediáticos nos que as institucións públicas teñen un importante peso comunicativo. Vin tres ideas suxestivas:

1. Novo ecosistema de medios, e a capa básica de información

O máis interesante do informe é as advertencias que fai nas transformacións do Ecosistema de Medios. No novo ecosistema, hai un fluxo de información e contidos xeral, mil veces replicado en todo tipo de plataformas e que usuario topa continuamente e sen dificultade. É a «commoditized information«, a materia prima de alto consumo e alta dispoñibilidade. No novo contexto de Internet esta capa está asegurada por múltiples puntos e os medios que aspirasen a incrementar a súa cadea de valor deberan dala, principalmente, por suposta e asumir que carece, practicamente, de valor de mercado e retorno económico. É dicir, toda a maraña de notas de prensa, notas de axencia, comunicados oficiais e titulares replicados ao longo dos medios.

A diferencia, para o informe, está noutro tipo de información especializada no usuario final. Se no modelo anterior o «xuízo das noticias», a súa avaliación e estimación por parte dos profesionais do xornalismo, conducía o desenvolvemento do contido, no novo modelo este papel descende, e é o enfoque na audiencia o que orienta a produción de contido.

A plasmación é bastante máis operativa, e baséase nunha maior especialización e diferenciación nun contexto de réplicas case instantáneas de determinados contextos informativos. Segundo o informe, é preciso achegarse máis ao concepto de información personalmente relevante. Por suposto, traballar nun cibermedio con conceptos persoais require unha reestruturación moi delicada da arquitectura da información do sitio e do xeito no que traballan os xornalistas.

2. Valores, lealdade e percepción de cibermedios alén do consumo de contidos

O informe ademáis inclúe referencias a unha investigación levada a cabo por The Readership Institute da Universidade de Northwestern na que se busca saber que é o que traslada o cibermedio alén da propia satisfacción da lectura do seu contido, é dicir, que experimenta o usuario que acude fielmente a unha cabeceira. Entre as respostas, os investigadores identificaron varios temas recurrentes:

  • O sitio tócame e expande a miña visión
  • Conéctame con outros
  • Paga a pena gardalo e compartilo
  • Faime máis smarter (listo, espabilado)
  • Entretenme e absórbeme
  • Está adaptado a min

3. Consolidación de novos formatos, posibilidades e conceptos nos cibermedios máis destacados:

Segundo un informe de The Bivings Group, determinados conceptos e formatos están a consolidarse nos cibermedios, comezando a formar un estándar que achega unha radiografía moi valiosa da estrutura dos cibermedios actuais:

Manuel Gago