O profesor Carlos Camponez impartirá unha conferencia sobre deontoloxía no Xornalismo en tempos de intelixencia artificial

O grupo Novos Medios organiza a conferencia Debates deontolóxicos no Xornalismo en tempos de intelixencia artificial. Esta actividade será impartida por Carlos Camponez, profesor da Universidade de Coimbra. A xuntanza terá lugar o luns 2 de xuño ás 17:30 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. A entrada é … Read more

A profesora Inês Amaral impartirá unha conferencia sobre netnografía e xornalismo

O grupo Novos Medios organiza a conferencia Netnografia e jornalismo: olhares digitais sobre práticas, públicos e narrativas online. Esta actividade será impartida por Inês Amaral, profesora da Universidade de Coimbra. A xuntanza terá lugar o mércores 28 de maio ás 17:00 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. A … Read more

María José Pérez Serrano impartirá unha conferencia sobre a Business Model Innovation na xestión dos medios

O grupo Novos Medios organiza a conferencia De las dudas en la gestión de los medios al Business Model Innovation. Escollos y propuestas. Esta actividade será impartida por María José Pérez Serrano, Profesora Titular da Universidad Complutense de Madrid. A xuntanza terá lugar o luns 28 de abril ás 17:00 horas na Sala de Doutoramento … Read more

Manuel Rico imparte un obradoiro sobre xornalismo de investigación en tempos de IA

O grupo de investigación Novos Medios organiza, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o seminario Técnicas de investigación xornalística en tempos de IA, impartido polo xornalista Manuel Rico. A actividade terá lugar o vindeiro 1 de abril, de 17:00 a 20:00 horas, na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación … Read more

Andrés Cifuentes impartirá un seminario sobre investigación da Comunicación en América Latina

O grupo Novos Medios organiza en colaboración co IDEGA a actividade “A investigación da Comunicación en Latinoamérica. Situación e desafíos”. Este seminario será impartido por Andrés Cifuentes, membro da Corporación Escuela de Artes y Letras de Bogotá (Colombia).   A xuntanza terá lugar o vindeiro 28 de outubro ás 17h na Sala de Doutoramento da … Read more

Xa está aberta a inscrición para as actividades de Novos Medios en setembro e outubro

O grupo Novos Medios organiza cinco actividades nos vindeiros meses de setembro e outubro. Xa está dispoñible o formulario de inscrición ao que podes acceder a través desta ligazón ou escaneando o código QR do cartel. Nel deberase cubrir o nome completo, o correo electrónico e sinalar as actividades nas que se vai participar. Todas … Read more

Actividades organizadas polo grupo no segundo semestre de 2024

Comprácenos anunciar as actividades organizadas para anunciar para o vindeiro semestre polo grupo de investigación Novos Medios, en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela. Calendario de actividades Content curator, xestión da comunicación e comunicación efectiva Teatralización da política, comunicación e xornalismo Formación de investigadores en … Read more

Concha Pérez Curiel e Charo Lacalle analizaron o futuro da carreira investigadora ante os novos retos tecnolóxicos

O grupo Novos Medios organizou dúas sesións dentro do marco das Xornadas Interdepartamentais de Formación do PDI que se sumaron aos tres seminarios organizados polo Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UVigo. Concha Pérez Curiel, profesora na Universidade de Sevilla, visitou o 8 de maio a Facultade de Comunicación para compartir cos asistentes os … Read more

Concha Pérez Curiel e Charo Lacalle abordarán os debates na comunicación en tempos de IA

A Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá os Foros sobre debates na comunicación en tempos de IA. O mércores 8 de maio, ás 17 horas, no Seminario 3, Concha Pérez Curiel, profesora de Periodismo da Universidad de Sevilla impartirá o seminario Políticas de comunicación en tempos de IA. A segunda sesión dos foros celebrarase o … Read more

Montserrat Rigall, xornalista de RTVE experta en Mobile Journalism, impartirá un curso sobre a creación de noticias con dispositivos móbiles

A xornalista dos Servizos Informativos de RTVE Montserrat Rigall, experta en xornalismo móbil (mobile journalism –MoJo–, en inglés), e especialista en intelixencia artificial, impartirá un curso na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela os próximos días 29 e 30 de abril. Nestas xornadas afondará na creación de noticias con dispositivos … Read more