V Convención de Periodistas de España

Lugo acolle dende mañá venres a V Convención de Periodistas de España. A reunión, convocada polo Foro de Organizacións de Xornalistas, desenvolverase baixo o título “Vellos e novos medios: a mediación necesaria do xornalista” e tratará a necesidade da profesionalidade e mediación do periodista no exercicio do xornalismo. Esta convención, que se celebrará por primeira … Read more

Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación

Do 27 ao 30 de xuño de 2007 Catrocentos mozos de toda Europa terán a oportunidade de participar no “Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación” que se celebrará con motivo do 50 aniversario do Tratado de Roma. Os afortunados compartirán diálogos e obradoiros con políticos, expertos e xornalistas. A organización considera que os mozos … Read more

O Eyetrack 07 confirma a inversión dos tempos de lectura en pantalla e en papel

Desde o importante estudo de Jakob Nielsen, existía a realidade, máis ou menos aceptada, de que a lectura en pantalla era máis lenta e dificultosa que no papel. O profesor Ignacio Armentia, a finais dos 90, realizou unha experiencia similar con alumnos da Universidade do País Basco, atopando resultados que confirmaban a lentitude da lectura … Read more

Curso de contidos interactivos para DVB: MHP

Hoxe abriuse o prazo de inscrición do Curso de contidos interactivos para DVB: MHP, organizado polo Centro Multimedia de Galicia. Este curso, de caracter gratuíto, desenvolverase entre o vindeiro 30 de maio e o 21 de xuño do presente ano, contando cunha duración total de 42 horas. Impartido desde a sé central do Centro Multimedia de Galicia, sita en Santiago de Compostela, poderá seguirse por videoconferencia a través da rede de Telecentros de Comunicación auspiciada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en dúas sesións horarias

Read more

Populrs.com: Galería de contidos

Tanto para os xornalistas como para calquer usuario que bote man con asiduidade dos contidos que diariamente os cibernautas suben á web, tanto os agregadores de rss como os contedores e arquivadores de materias tórnanse fundamentais. Youtube, Flickr, Del.icio.us…son só unha pequena mostra das webs que almacenan cantidade de material útil para os usuarios. Populrs.com … Read more

Xornalismo Económico: Vellos e novos desafíos

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Navarra organiza os días 15 e 16 de Novembro de 2007 a XXII Edición do Congreso Internacional de Comunicación, que leva por título ‘Periodismo económico: Vellos e novos desafíos’. O Congreso centrarase nas luces e sombras do xornalismo económico, e nos desafíos que ten ante si … Read more

As TIC e as universidades españolas

A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) presentou hoxe o informe “As TIC no Sistema Universitario Español (2006): Unha Análise Estratéxica”. Nel establécese a situación das TIC nas universidades españolas e propóñense proxectos de impulso. A pesar de encontrarse a un bo nivel, neste informe proponse incrementar a difusión dos resultados de investigación a … Read more

Cartografías do Hipertexto de Ficción

Vilariño Picos, Mª Teresa e Anxo Abuín González (comps.): Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid, Arco/Libros, 2006, 316.

Hiperficción, hipernovela, hiperrelato, ficción hipermedia, ficción interactiva, cibertexto e, seguramente, algún que outro termo ou expresión para tentar definir a experiencia literaria de creación que describen e nos sumerxen, cunhas ferramentas e uns formatos específicos, na idiosincrasia da era dixital. O hipertexto e o ciberespazo convírtense nun entorno no que se produce unha rutinaria guerra cultural entre a tradición impresa e a xestación dunha estructura de narración tecnolóxicamente diferente. O obxectivo estaría en asentar as claves identificativas dunha literatura ergódica, en palabras de Espen Aarseth, que se plasmaría a través de técnicas de saltos, fragmentacións, diversidade de puntos de vista, multiplicidade de asuntos, bifurcacións, cambios de escenarios, laberintos, simulacións, combinacións, modelos aleatorios, rupturas temporais, lineais, secuenciais, conexións e enlaces. Todo un conglomerado de palabras que se misturan para asentar unha morfoloxía da ou das narrativa/s hipertextual/is. Albíscanse novos xéneros ou modalidades expresivas, con espazos de creación e de lectura distintos, con outros modelos de textualidade ou, en todo caso, reflexa un sinxelo proceso hermenéutico do modo de producción e consumo que nos resulta familiar. O obxectivo é a implementación de formas discursivas que se actualicen, axeitándose a un sistema de caos ou desorde.

Read more