Os profesores Alba Silva e Jorge Vázquez, acreditados para titulares de Xornalismo

A profesora Alba Silva Rodríguez e o profesor Jorge Vázquez Herrero, docentes do Departamento de Ciencias da Comunicación e investigadores do grupo Novos Medios, veñen de ser acreditados para profesores titulares de Xornalismo. Alba Silva é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago e doutora pola mesma universidade, mentres Jorge Vázquez graduouse en Comunicación Audiovisual … Read more

Carlos Toural, novo profesor titular de Xornalismo

Carlos Toural Bran, secretario do grupo Novos Medios, vén de gañar unha praza de profesor titular da área de Xornalismo, no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A comisión de selección, presidida polo catedrático José Soengas Pérez, estivo formada polos profesores catedráticos Carlos Elías Pérez (Universidad Carlos III de Madrid), … Read more

O profesor José Sixto García, acreditado para titular de Xornalismo

O profesor José Sixto García, docente do Departamento de Ciencias da Comunicación e investigador do grupo Novos Medios, conta coa acreditación para profesor titular de Xornalismo. José é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago e doutor pola mesma universidade en Comunicación e Información Contemporánea. José Sixto, actual secretario do Departamento de Ciencias da Comunicación … Read more

Diagnose do momento actual da publicación académica en Comunicación con Tomàs Baiget e Roxana Dinu

As tendencias, temáticas e aproximacións máis relevantes no momento actual da publicación académica na área de Comunicación serán as protagonistas do seminario Tendencias e novidades para a publicación na área de Comunicación. Tomàs Baiget (director da revista Profesional de la información) e Roxana Dinu (Biblioteca Nacional de Romanía) serán os encargados ofrecerlle ao equipo de … Read more

Novos Medios promove un encontro científico de grupos de investigación para tecer redes arredor da innovación

Os días 13 e 14 outubro a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago acollerá un encontro científico que, organizado polo grupo Novos Medios, contará con investigadores e profesores de diferentes universidades españolas que compartirán os seus coñecementos xunto con expertos do ámbito profesional relacionados cos procesos de innovación. Trátase dun encontro no que conflúen tres … Read more

A profesora Berta García Orosa, acreditada para catedrática de Xornalismo

A profesora Berta García Orosa, docente do Departamento de Ciencias da Comunicación e investigadora do grupo Novos Medios, vén de ser acreditada para catedrática da área de Xornalismo. Berta García Orosa é licenciada en Xornalismo e Ciencias Políticas e da Administración, encabeza un proxecto de investigación titulado Radón en España: percepción de la opinión pública, agenda mediática y … Read more

A accesibilidade á información, protagonista do encontro entre o Grupo de Pesquisa em Jornalismo Online (UFBA) e o Grupo Novos Medios

Nas xornadas do 4 e o 5 de xullo, tivo lugar un encontro entre investigadoras e investigadores do Grupo de Pesquisa em Jornalismo Online (GJOL)  da Universidade Federal da Bahia e unha representación do Grupo Novos Medios. As xornadas xiraron arredor da idea da accesibilidade aos medios de comunicación e á información, formando parte das … Read more

Comienza la programación de la Cátedra RTVE-USC sobre Medios de Servicio Público en Europa

La cátedra RTVE-USC arranca hoy, 3 de mayo, Día Mundial de la Libertad de Prensa, sus actividades de investigación, divulgación y transferencia.La cátedra RTVE-USC sobre Medios de Servicio Público en Europa tiene como objetivo el desarrollo de investigación aplicada alrededor de tres ejes interconectados: los espacios informativos de las radiotelevisiones públicas y la innovación que están implementando en esta área, el valor público y la relación con las nuevas audiencias. En este marco de colaboración, la USC y RTVE avanzarán en la identificación de casos de éxito que permitan derivar estrategias dirigidas al refuerzo del sistema audiovisual público.

Chaja Libot, investigadora de usuarios en la VRT, la radiotelevisión pública flamenca inaugura las conversaciones de los Innovation Meetings, una serie de encuentros con profesionales de las radiotelevisiones públicas europeas en las que se nos detallan diferentes casos de éxito en el ámbito de la innovación. En esta primera entrevista, Chaja Libot, charla con Martín Vaz, subdirector de innovación de la Cátedra.

Síguelos en redes y consulta la nueva web para mantenerte al día de todas las actividades que se realizarán desde la Cátedra.

Jorge Vázquez Herrero, premio extraordinario de doutoramento 2019-2020

Jorge Vázquez Herrero, profesor de Xornalismo no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación Novos Medios, foi distinguido co premio extraordinario de doutoramento 2019-2020 pola súa tese “Narrativas dixitais de non ficción interactiva: análise da experiencia do usuario”. Vázquez Herrero fixo a súa investigación no … Read more

Monográfico sobre medios nativos dixitais en EPI

A revista científica Profesional de la información (SJR Q1, JCR Q3) publica a chamada de artigos para o seu Volume 32, Número 2, correspondente a marzo-abril de 2023, que ten como tema central o Ecosistema de medios nativos dixitais. O prazo para o envío de traballos permanecerá aberto ata o 10 de setembro. Para este número … Read more