Modelando el futuro de los periódicos

Análisis del desarrollo estratégico y oportunidades en la industria de la prensa

Resumen del anuario “World Digital Media Trends 2007” traducido por Dolores Calvo

Este anuario sirve como brújula digital para los estrategas del mundo de los medios de comunicación proporcionando más de 160 conjuntos de datos procedentes de 35 fuentes y análisis sobre las tendencias de generación de ingresos y el consumo de medios en Internet y las industrias móviles, y comparándolos con los medios ya estrablecidos.

Read more

Xornalismo e poder

periodismo_poder.jpgPERIODISMO Y PODER: : POLÍTICOS, PERIODISTAS Y CIUDADANOS VOLUNTARIAMENTE DESINFORMADOS
Diezhandino Nieto, Mª Pilar (Prentice Hall)
Prezo:24 €
280 páx.
Idioma: Español
ISBN: 848322366X. ISBN-13: 9788483223666 (02/2007).

O coñecido dilema arredor da influencia dos medios de comunicación segue centrando as reflexións de sociólogos, politólogos, cumunicólogos… en moitos dos seus últimos traballos, case sempre froito de investigacións académicas. Hai bastantes teorias sobre os efectos dos medios, que van desde as que os culpan de todos os males actuais ata outras que limitan a súa influenza. Nestes anos do século XXI, varios autores coincidiron en apuntar unha influenza múltiple nas decisións e opinións dos cidadáns, polo que consideran esaxerado considerar aos medios os .

Por Manuel David Díaz

Read more

Identidade e Xénero, temas centrais dun Congreso Internacional de Comunicación

“Poñer en común diferentes visións sobre cuestións que teñen que ver, por unha banda, cos modelos, procesos e límites da identidade, e pola outra, con todos os vértices que implica a dimensión de xénero”. Este é o obxectivo fundamental do Congreso Internacional de Comunicación, Identidade e Xénero, que terá lugar os días 25 e 26 de Outubro … Read more

A USC oferta un amplo abano de Cursos de Verán

A piques de que cheguen os meses de calor a Compostela, a USC ten programados para o mes de xullo unha serie de cursos de temáticas variadas. Entre eles, podemos atopar algúns máis centrados no eido da comunicación. Así, a televisión será obxecto de estudo para os interesados no programa do curso ‘Televisión e ficción’ … Read more

I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet: o libro

GAGO MARIÑO, M; MOURIÑO CABALEIRO, C. (eds.), I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet. Consello da Cultura Galega, Consellaría de Innovación e Industria – Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Consellaría de Cultura e Deporte – Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, Santiago de Compostela, 2007. 52 páx.

I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet é unha publicación que explora a situación actual da Internet en Galicia e as posibilidades que ten a cultura galega -a creación, o desfrute, a industria, a distribución- actualmente na rede, así como explora os planos dos sectores culturais galegos na Internet dos inmediatos vindeiros dous ou tres anos. Neste pequeno libriño de 52 páxinas en formato arrevistado colaboraron un bo número de autores e autoras, e pódense escoitar un gran número de voces máis. No deseño editorial quixemos empregar diferentes formatos narrativos: desde os artigos de reflexión ata estudos de caso, reportaxes, entrevistas e antoloxías de creación cultural na rede. A publicación está editada por Cristina Mouriño e por Manuel Gago.

Cómpre destacar o notábel traballo de dirección de arte do deseñador de Aguiño (Ribeira) afincado en Barcelona Marcos Varela, que apostou por un deseño baseado nas publicacións underground e nos fanzines.

Trátase dunha publicación conmemorativa, co gallo da coincidencia do Día de Internet e do Día das Letras Galegas no 17 de maio, e destinada a profesionais do mundo da cultura e público en xeral.

Descarga en PDF:
I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet

Consultar índice no interior do post

Read more

O Eyetrack 07 confirma a inversión dos tempos de lectura en pantalla e en papel

Desde o importante estudo de Jakob Nielsen, existía a realidade, máis ou menos aceptada, de que a lectura en pantalla era máis lenta e dificultosa que no papel. O profesor Ignacio Armentia, a finais dos 90, realizou unha experiencia similar con alumnos da Universidade do País Basco, atopando resultados que confirmaban a lentitude da lectura … Read more

Curso de contidos interactivos para DVB: MHP

Hoxe abriuse o prazo de inscrición do Curso de contidos interactivos para DVB: MHP, organizado polo Centro Multimedia de Galicia. Este curso, de caracter gratuíto, desenvolverase entre o vindeiro 30 de maio e o 21 de xuño do presente ano, contando cunha duración total de 42 horas. Impartido desde a sé central do Centro Multimedia de Galicia, sita en Santiago de Compostela, poderá seguirse por videoconferencia a través da rede de Telecentros de Comunicación auspiciada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en dúas sesións horarias

Read more

Cartografías do Hipertexto de Ficción

Vilariño Picos, Mª Teresa e Anxo Abuín González (comps.): Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid, Arco/Libros, 2006, 316.

Hiperficción, hipernovela, hiperrelato, ficción hipermedia, ficción interactiva, cibertexto e, seguramente, algún que outro termo ou expresión para tentar definir a experiencia literaria de creación que describen e nos sumerxen, cunhas ferramentas e uns formatos específicos, na idiosincrasia da era dixital. O hipertexto e o ciberespazo convírtense nun entorno no que se produce unha rutinaria guerra cultural entre a tradición impresa e a xestación dunha estructura de narración tecnolóxicamente diferente. O obxectivo estaría en asentar as claves identificativas dunha literatura ergódica, en palabras de Espen Aarseth, que se plasmaría a través de técnicas de saltos, fragmentacións, diversidade de puntos de vista, multiplicidade de asuntos, bifurcacións, cambios de escenarios, laberintos, simulacións, combinacións, modelos aleatorios, rupturas temporais, lineais, secuenciais, conexións e enlaces. Todo un conglomerado de palabras que se misturan para asentar unha morfoloxía da ou das narrativa/s hipertextual/is. Albíscanse novos xéneros ou modalidades expresivas, con espazos de creación e de lectura distintos, con outros modelos de textualidade ou, en todo caso, reflexa un sinxelo proceso hermenéutico do modo de producción e consumo que nos resulta familiar. O obxectivo é a implementación de formas discursivas que se actualicen, axeitándose a un sistema de caos ou desorde.

Read more

Avance e converxencia da Sociedade da Información en América Latina

O informe Iberoamérica ante a Sociedade da Información, auspiciado polo Departamento de Análise e Prospectiva da Fundación France Telecom España, supón unha primeira aproximación ao grao de progreso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Iberoamérica. O obxectivo primixenio e cardinal desta análise monográfica é o de reflectir a situación actual dos principais indicadores que definen o avance do desenvolvemento da Sociedade da Información en cinco países da rexión: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia e México-.

Aínda que os gobernos destas nacións están a traballar para dar solución aos tres grandes desafíos que han de acometer nos albores do século XXI: paliar a Fenda dixital, desenvolver a Administración electrónica e conseguir unha industria do software competitiva a nivel internacional, o certo é que os indicadores que definen a SI reflicten que a converxencia cos países máis avanzados aínda está lonxe.

Read more

A iniciación no contorno dixital

ARQUÉS i SALVADOR, Neus: Aprender comunicación digital, Barcelona, Paidós, 2006.

Sobre comunicación dixital e Internet hai unha enorme cantidade de libros. Hai unha escalofriante cifra de sitios e outros espazos na World Wide Web. Hai un incontable número de artigos e informes. As tecnoloxías da información e comunicación forman parte dunha incontable profusión de páxinas, tanto impresas como virtuais. Toda esa inconmensurable documentación estará adscrita a diferentes categorías ou clases, de acordo cos sistemas de avaliación dos contidos. Existen textos para analfabetos dixitais, para iniciados, para expertos de nivel medio, para especialistas e experimentados usuarios. E, a pesar da rápida evolución do ciberespazo e o vertixinoso proceso de conexión cidadán á rede de redes, sempre, aló menos polo de agora, haberá persoas que tenten explorar por primeira vez os vericuetos do entorno das redes. Polo que sempre é de agradecer que algún autor ou autora busque formas de achegar os riscos desa sociedade en rede, de acordo co sociólogo Manuel Castells, aos neófitos. Non está nada mal depurar e sintetizar o discurso de tal xeito que se navegue pola esencia de servicios e recursos que hai a disposición do usuario a través de Internet.

Read more