V Convención de Periodistas de España

Lugo acolle dende mañá venres a V Convención de Periodistas de España. A reunión, convocada polo Foro de Organizacións de Xornalistas, desenvolverase baixo o título “Vellos e novos medios: a mediación necesaria do xornalista” e tratará a necesidade da profesionalidade e mediación do periodista no exercicio do xornalismo. Esta convención, que se celebrará por primeira … Read more

Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación

Do 27 ao 30 de xuño de 2007 Catrocentos mozos de toda Europa terán a oportunidade de participar no “Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación” que se celebrará con motivo do 50 aniversario do Tratado de Roma. Os afortunados compartirán diálogos e obradoiros con políticos, expertos e xornalistas. A organización considera que os mozos … Read more

Xornalismo Económico: Vellos e novos desafíos

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Navarra organiza os días 15 e 16 de Novembro de 2007 a XXII Edición do Congreso Internacional de Comunicación, que leva por título ‘Periodismo económico: Vellos e novos desafíos’. O Congreso centrarase nas luces e sombras do xornalismo económico, e nos desafíos que ten ante si … Read more

Comunicação e Cidadania. V Congresso da SOPCOM

O prazo para a presentación de comunicacións remata o 30 de abril. A Associação Portuguesa de Ciências da Comunicação (SOPCOM) organiza o Congresso “Comunicação e Cidadania” na Universidade do Minho, en Braga (Portugal), que se celebrará do día 6 ao día 8 de setembro. O evento dá continuidade aos celebrados en anos anteriores en Lisboa, … Read more

Reunión científica da SEP en Pamplona

O encontro terá lugar os días 20 e 21 deste mes de abril na Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra. A Sociedade Española de Periodística organiza unha nova reunión científica baixo o título “La Periodística como disciplina universitaria: balance y perspectivas“. O obxectivo do encontro é debater a periodística dende diversas perspectivas e puntos … Read more