Pérez Tornero defende en Santiago a necesidade de intensificar as accións de Educomunicación en tempos de desinformación

O catedrático de Xornalismo e experto en televisión educativa José Manuel Pérez Tornero, da Universidade Autónoma de Barcelona, defendeu en Santiago, no marco dunha xornada de divulgación e transferencia do coñecemento organizada polo grupo de investigación Novos Medios (USC), que nestes tempos de desinformación faise máis urxente actuar no campo da Educomunicación. Pérez Tornero destacou … Read more

A Revista Latina de Comunicación Social acolle o monográfico “Comunicación da transparencia informativa e da rendición de contas”, coordinado por José Sixto-García

José Sixto-García, investigador de Novos Medios, xunto coa profesora Ana Melo Duarte, da Universidade do Minho (Portugal), e Pablo Escandón-Montenegro, da Universidade Andina Simón Bolívar (Ecuador), coordinan un monográfico sobre comunicación da transparencia informativa e da rendición de contas na Revista Latina de Comunicación Social (Q1 de SJR-Scopus). A chamada de artigos está aberta ata … Read more

Berta García Orosa, nova catedrática de Xornalismo

A profesora Berta García Orosa ven de gañar unha praza de catedrática no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. García Orosa, licenciada en Ciencias da Comunicación e Ciencias Políticas e da Administración, forma parte do grupo Novos Medios e coordina o Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia. Cunha longa … Read more

Alba Silva, Jorge Vázquez e José Sixto, novos profesores titulares de Xornalismo

Os profesores Alba Silva, Jorge Vázquez e José Sixto veñen de conseguir prazas de titular da área de Xornalismo nos concursos celebrados na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela os días 19 e 20 de xullo. Estes tres investigadores, cunha intensa e brillante traxectoria no campo do xornalismo dixital, forman parte do … Read more

Xosé López e Cruz Negreira son editores convidados dun monográfico sobre intelixencia artificial e comunicación na revista Trípodos

O catedrático Xosé López, coordinador de Novos Medios, e a doutora Cruz Negreira, investigadora do grupo, son os editores convidados do monográfico “Artificial intelligence and communication. Opportunities and challenges” na revista española Trípodos. A chamada de artigos estará aberta ata o 30 de novembro de 2023 e o número publicarase no primeiro semestre do 2024. … Read more

Sara Pérez Seijo, premio Lorenzo Gomis 2023 pola súa tese doutoral

Sara Pérez Seijo, profesora de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do grupo Novos Medios, foi distinguida co VII Premio Lorenzo Gomis á mellor tese doutoral que outorga a Sociedad Española de Periodística (SEP). Recibiu este recoñecemento pola súa tese titulada “Xornalismo inmersivo con vídeo 360 … Read more

A revista Profesional de la Información publica o monográfico sobre medios nativos dixitais coordinado por investigadores de Novos Medios

A revista científica Profesional de la información (SJR Q1, JCR Q2) publica o seu volume 32, número 2, correspondente a marzo-abril de 2023, que ten como tema central o Ecosistema de medios nativos dixitais, baixo coordinación dos editores convidados do grupo Novos Medios: Xosé López García, Alba Silva Rodríguez e Jorge Vázquez Herrero. O monográfico inclúe … Read more

Cruz Negreira, premio extraordinario de doutoramento

A profesora María Cruz Negreira Rey, investigadora do grupo Novos Medios, vén de recibir o premio extraordinario de doutoramento pola tese titulada Cibermedios locais e hiperlocais en España: mapa, modelos e produción informativa. Esta investigación, defendida no ano 2020 diante dun tribunal presidido polo catedrático Andreu Casero Ripollés, dirixiuna Xosé López García, da Universidade de … Read more

Número sobre investigación iberoamericana en comunicación en RAEIC

Llamada de artículos “El devenir del campo: pasado, presente y futuro de la investigación en comunicación en Iberoamérica” RAEIC, Revista Española de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación, abre su llamada a propuestas para los artículos del número sobre “El devenir del campo: pasado, presente y futuro de la investigación en Iberoamérica”, que se … Read more