1º Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD 2007)

Os días 6,7 e 8 de novembro, o recinto ferial IFEMA de Madrid acollerá a 1ª Edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), que é o resultado da posta en marcha dunha serie de medidas aprobadas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e que se enmarcan no Plan Avanza para o desenvolvemento da Sociedade da Información e … Read more

Conversor de archivos online

“Haz lo que quieras, donde quieras” empieza a ser una de las filosofías de la Sociedad de la Información. La evolución de las nuevas tecnologías nos permiten acceder a contenidos audiovisuales o desarrollar nuestras tareas profesionales estemos donde estemos. Esta tendencia está provocando la necesidad de implementar software online que a los usuarios desarrollar la … Read more

Aprender a comunicar a ciencia

O 28 e 29 de Setembro terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o primeiro Foro de ‘Ciencia e Comunicación’ de Galicia, lugar de encontro e debate sobre o papel da comunicación científica na sociedade actual. Organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a Consellería de Innovación e Industria e o Plan … Read more

Iniciarse na producción de contidos para a rede

O Grupo Novos Medios abre o prazo de preinsripción para a sétima edición do “Curso de Formación Contínua para Xornalistas: Ciberxornalismo, Produción de Contidos para a Rede” O obradoiro, que se desenvolverá durante tres meses, ten como obxectivo iniciar a licenciados e profesionais en activo do campo da comunicación, na creación de contidos para a … Read more

Liveplasma: descubrindo novos horizontes culturais

A rede é un contedor de información e contidos que se enche a pasos de xigante. A xestión, organización e categorización deses contidos é a única vía para que os usuarios cheguen a eles e non queden esquecidos ou perdidos. Actualmente son moitos os esforzos que os programadores poñen neste senso: o desenvolvemento das folcsonomías … Read more

Internet é a base das novas fórmulas de comunicación

Esta é unha das principais ideas que se recolleu do curso de verán organizado pola USC. Internet está a propiciar tamén unha redefinición do concepto de medios que a sociedade tiña ata o momento. A comunicación interactiva, a televisión 2.0, a implantación da TDT en Galicia, a web TV, a converxencia dixital, os novos modelos de negocio os cibermedios e a radio e a televisión multimedia foron os temas que centraron os catro días nos que se realizou o curso de verán da USC “TV Dixital Terrestre e por Internet”

Algunhas das ideas e impresións sobre os diferentes aspectos tratados no curso recóllense a continuación:

– Rosa Franquet, Catedrática de Comunicación Audiovisual da UAB, resaltou que hoxe en día, o grao de penetración que ten a televisión non o teñen outros medios de comunicación e esta situación parece que non vai cambiar sustancialmente nos próximos 10 anos. Ese grao de penetración posibilita novas fórmulas de comunicación, como é o caso da web-TV. Neste caso, a interactividade televisiva considérase unha posibilidade de renovación da TV e permite agregar valor ós servizos de televisión. Ademais tamén hai que coñecer as limitacións das plataformas, xa que é a única vía para explotar con eficiencia as súas potencialidades.

Read more

O futuro da TDT autonómica e local en Galicia

Outro dos temas principais que se abordou no curso de verán da USC foi o da TDT autonómica e local que abriu un amplo debate no que interviron Xesús Iglesias (director da TVG), Carlos Carballo (Televoz), Rafael Ramos (COPE), Luis Pérez (Correo TV) e Javier Otero (Localia).

Tódolos representantes dos principais medios audiovisuais galegos amosaron unha visión un tanto pesimista sobre o futuro da Televisión Dixital Terrestre autonómica e local xa que consideran que a nova televisión implicará, sobre todo, moitos gastos e que precisará de fortes inversións. Ademais, sobre a posible traxectoria da TDT afirmaron que o seu será un futuro incerto debido ó elevadísimo custe da rede. Por iso reclamaron o apoio institucional, que é clave para poder poñer en marcha este proxecto. Neste caso, Rafael Ramos (COPE) afirmou que a axuda da Administración é vital porque cubrir Galicia custa doce veces e media máis que cubrir Murcia e a audiencia non é maior.

Pola suá parte, Carlos Carballo (Televoz) explicou que existe un escaso esforzo da  Administración para a implantación da nova televisión e que para rentabilizar un operativo de semellante envergadura fai falla tempo, tempo do que non de dispón.    

Read more

TVIP: Un novo concepto de televisión

O concepto que tiñamos ata o de agora da televisión ten que mudar. Dentro do curso de verán “Tv Dixital Terrestre e por Internet, Comunicación Interactiva e Hipermedia”, organizado polo Grupo de Investigación Novos Medios e celebrado recentemente na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, representantes de Vivocom presetan a Web TV.

Internet está provocando unha redefinición do concepto dos medios de comunicación que tiñamos ata o de agora, e a televisión non podía quedar a un lado deste fenómeno. O 2006 foi o ano do vídeo por Internet, o desenvolvemento das novas tecnoloxías permitu que por fin sexa posible ver vídeo a través da rede con boa calidade e mesmo distribuido en directo. Con este panorama o desenvolvemento de novos conceptos de televisión por Internet era inminente.

Paralelamente á implantación da Televisión Dixital Terrestre e á planificación de novos servizos de interactividade en contidos televisivos distribuidos a través de diversos soportes e canles (telefonía móbil, televisión por cable, televisión dixital terrestre…); aparece a tecnoloxía IPTV que fai emerxer a Web TV.

Read more