O primeiro informe do Observatorio sobre Información e Democracia aborda os desafíos dos ecosistemas da información, a IA e a gobernanza de datos para a democracia

O Observatorio Internacional sobre Información e Democracia, iniciativa do Forum on Information and Democracy, publicou o seu primeiro informe global titulado Information Ecosystems and Troubled Democracy. Esta análise, baseada en máis de 3000 fontes e a colaboración de 60 expertos internacionais, aborda o estado da cuestión da desinformación desde a perspectiva dos medios, a política e a confianza, a intelixencia artificial e os ecosistemas de información, e a gobernanza de datos e a democracia.

O informe inclúe máis de 1600 citas e abrangue 65 subtemas, 39 preguntas de investigación e 84 países. Este documento, que pretende servir como referencia global para a investigación interdisciplinar e a proposta de políticas públicas, destaca o crecente poder das grandes tecnolóxicas e os desafíos asociados á loita contra a desinformación.

Máis información: https://observatory.informationdemocracy.org/reports/