As organizacións de noticias deseñan estratexias para atraer as audiencias que perderon o hábito de consumir noticias

Os responsables das organizacións de noticias tradicionais son optimistas sobre o ano que comeza, pero non sobre o periodismo, segundo recolle o informe do Reuters Institute sobre tendencias e predicións en xornalismo, medios e tecnoloxía para o ano 2025. Estas previsións, que están baseadas nunha enquisa dunha mostra estratéxica de máis de trescentos líderes de medios de 51 países e territorios, sinalan como un dos principais retos o deseño de estratexias integradas para volver a atraer ás audiencias que perderon o hábito do consumo de noticias nos últimos anos e para encontrar fórmulas que incorporen ás novas xeracións aos medios e ao xornalismo.

Segundo o citado informe, só catro de cada dez editores, directores executivos e executivos dixitais din que teñen confianza nas perspectivas do xornalismo para o ano 2025 e un de cada seis manifesta pouca confianza. Os motivos desta desconfianza están relacionadas coa polarización política e o aumento de ataques aos medios de comunicación. Os responsables de medios son, en cambio, máis optimistas en canto as perspectivas comerciais do sector.

Máis información: https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/journalism-media-and-technology-trends-and-predictions-2025