As audiencias mozas no novo ecosistema dixital de alta tecnoloxía

Nun mundo saturado pola tecnoloxía e os avances en innovación, os servizos audiovisuais públicos de Europa e do mundo víronse nunha nova encrucillada de audiencias. Os cambios nos hábitos de consumo dos espectadores, en maior medida dos mozos, levou ás televisión a reformularse unas estratexias baseadas na linearidade do consumo para dar paso á hibridación dos contidos co obxectivo de poder reconectar coas audiencias.

Movémonos cara un ecosistema diferente onde a participación das audiencias vólvese una prioridade para elas mesmas e, por consecuencia, para os medios de comunicación. No 2021, Rodríguez Vázquez destacaba co consumo televisivo ía cara un visionado á carta e un visionado conversacional. Dous anos máis tarde pódese dicir que foise moito máis alá. As televisión teñen un consumo lineal baseado no entretemento que xera una hibridación a partires das conversas en redes sociais, e o consumo dixital baseouse nos conceptos sociais que están á orde do día con testemuños ou una participación directa ou indirecta por parte das audiencias.

 El potencial de los Mundos Virtuales, ¡conectando marcas y audiencias  jóvenes como nunca antes! - StadioPlus Blog

Onde máis se ve este fenómeno é nas audiencias mozas. A Xeración Z –e agora tamén a T– volveuse moi protagonista nas estratexias dos servicios audiovisuais públicos de Europa e do mundo. Isto provocou que desde as propias corporacións enténdase que “non hai que facer contido para os mozos, senón que hai que facer contido cos mozos”.

Esta reflexión de Esteban Mayoral Campos, subdirector do Centro de Innovación e Observatorio do Coñecemento e director de Innovación e Dixital de RTVE, provocou un cambio tecnolóxico, estratéxico, profesional e social por parte de tódolos medios de comunicación. Cambios nas súas plataformas, nos seus contidos e nas úas difusión sociais fan entrever una gran metamorfose onde as audiencias mozas convértense nun exe central no novo ecosistema dixital de alta tecnoloxía.