Historia da USC

O patrimonio histórico da centenaria universidade compostelá como nunca fora visto anteriormente. Unha experiencia inmersiva arredor de séculos de educación, cultura e progreso na capital de Galicia.

Captura de pantalla 2016-04-26 a las 17.36.31

O Pazo do Colexio de Fonseca, tamén coñecido orixinariamente polo nome de Colexio de Santiago Alfeo, é un edificio pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. Todo estudante un pouco esapabilado coñece os seus currunchos máis icónicos, as súas bibliotecas e os seus claustros, mais cantos saben da historia que reside detrás desta tradicional localización? Tal vez sexa menos coñecida, pero coa axuda de M. Lema visitaremos e coñeceremos  o patrimonio histórico da universidade compostelana.

A historia de USC é considerable, e a casa de Fonseca é un dos puntos fortes onde se concentra o seu legado. Un mecenas do Renacemento, Alfonso III de Fonseca, impulsou este recinto no século XVI para que o Reino de Galicia tivese estudos superiores en varias ramas da ensinanza, coma o dereito, o estudo das artes ou a teoloxía. O seu interior alberga multitude de lugares emblemáticos con historia en cada recuncho, como a Biblioteca América, única no mundo en gardar infinidade de reliquias chegadas do continente americano, que foi impulsada por Gumersindo Bustos nunha iniciativa impropia das paisaxes galegas. En devandita Biblioteca podemos atopar grandes tesouros, coma o Libro de Horas de Fernando I de León, de 1055, e considerado o libro máis antigo conservado en Compostela. Tamén os incunables, documentos editados no século XV e de grande valor literario para a comunidade galega.

Pero non só nos centraremos no Pazo de Fonseca. A escasos minutos, a Facultade de Xeografía e Historia tamén ten moito que dicir sobre patrimonio histórico. Dende a súa terraza pódese divisar unha das vistas máis marabillosas da cidade compostelana, cos seus monumentos característicos, como a catedral ou o Monasterio de San Martiño Pinario, ademáis de poder disfrutar -se o vento o permite- da torre de Fonseca e da totalidade da cidade de Santiago. E por último, o Paraninfo da Universidade. Elaborado polo pintor José María Fenollera e o escultor Rafael de la Torre Mirón, ciencia e humanidades van da man nos seus frescos do teito, exaltando a universidade como fonte de virtude e sabiduría.

Beleza e intelixencia únense nesta visita polo patrimonio cultural de Fonseca dunha maneira moi peculiar, a través dun móbil sen necesidade de moverse do sitio. Unha das catro partes que compoñen o proxecto USC360 e a que máis arte contén. A Casa de Fonseca ten rincóns moi concurridos polos estudantes universitarios, coma o seu claustro ou a Biblioteca Xeral, pero tamén outros lugares non tan coñecidos como a Biblioteca América, onde se rebosa sabedoría en cada pegada.