Cultura na USC

Neste vídeo móstranse tres actividades culturais da USC en tres escenarios distintos. Un ensaio de orquesta e baile na Escola Municipal de Música de Santiago, un concerto de violín e piano no paraninfo da Facultade de Historia e humor friki no Centro Galego de Arte Contemporánea. Tres experiencias únicas para disfrutar dende casa.

carla veiga paraninfo

Seguro que na cidade de Santiago de Compostela se che ocorreu algunha vez presenciar en directo un espectáculo de música clásica nun ambiente tan sofisticado e fermoso como o Paraninfo da Universidade, situado na Facultade de Historia pero a chuvia da cidade impídeche desprazarte. Celébrase unha convención de frikis falando sobre física, quimica e demáis retos culturales para os máis sabiondos, mais o sofá da túa casa atrápate e non sabes como saír del. Se che gusta a danza ou o teatro, acompañados dunha boa banda sonora, pero non convencer a túa parella ou amigos para que te acompañen porque non queres ir só… Co proxecto USC360 tes todo iso e máis ao teu alcance, con só dispoñer dun móbil e unhas gafas especiais para visionalo.

Neste vídeo podemos ver tres espectáculos culturais ofrecidos pola Universidade de Santiago de Compostela. No primeiro a orquestra universitaria dirixida por Mario Diz, pon música para o ensaio de danza teatral tamén pertencente a universidade compostelá. O baile, a luz, a trama e a música serán os protagonistas deste ensaio onde se terá un punto de vista peculiar, cun grupo de músicos organizados á perfección e a suavidade das bailarinas sobre o parqué da Escola de Música. Un segundo vídeo, onde Carla Vega, unha pequena e xoven violinista actúa acompañada de Andrea Escalante aos mandos do piano, unha obra de Häendel no emblemático Paraninfo da Facultade de Historia. O carácter e o tesón desta pequena virtuosa do violín está máis que demostrado en cada nota saída do seu instrumento. E xa, para finalizar, José Ramón Llaves García, maxistrado no Tribunal Superior da Xunta de Galicia, revélanos cun pouquiño de sentido do humor, a relación entre a vida e o dereito, do que leva toda unha traxectoria vivindo. O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), onde se celebrou a Nerd Nite -noite friki- que bateu o seu record de asistencia nesa ponencia tan surrealista, dirixida por Jorge Mira, profesor de Física da Universidade de Santiago de Compostela.

Moitos e bos eventos é o que ofrece a universidade compostelana, e nestes cinco minutos poderase disfrutar dalgún deles: música, baile, humor, extravagancia e diversión á par que culturización é o atraente deste proxecto cultural na Universidade de Santiago de Compostela, pero nunca visto dende unha perspectiva única, con todas as posibilidades de visionar o evento. Cada detalle, cada tecla, cada paso de baile, cada aplauso poderase apreciar nunha calidade inmellorable e en primeira persoa, coma se na realidade estiveras alí.