Ciencia na USC

Captura de pantalla 2016-04-25 a las 18.24.47

Neste vídeo profundizaremos nos sotos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde a ciencia experimental cobra vida e onde presenciar en primeira persona como funciona a investigación no eido da química no mundo dos laboratorios.

Para isto, visitaremos a Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE), sita no Campus Vida ou Campus Sur da capital galega. Para ubicar este edificio, un dos grandes descoñecidos da USC, partiremos do exterior da escola, lugar para observar o entorno universitario e urbano que rodea este cento. Unha vez dentro, vivirase a vertixe de mirar por unhas escadas que debuxan liñas que se cruzan en todo tipo de ángulos.

Coma un alumno máis, entrarase no laboratorio de prácticas, onde o resto de compañeiros realizan experimentos con fluídos para descubrir en que consisten e como se fan, de maneira que o espectador se integre na rutina cotiá deste centro. Farase un percorrido por todo o laboratorio presenciando cada instante e coñecendo os materiais que se utilizan.

No laboratorio de reactores recóllense e analízanse mostras líquidas de diferentes orixes para un seguimento rigoroso dos experimentos que alí se realizan. Nesta estancia atópanse dous investigadores que explicarán para que sirve toda a rechamante maquinaria que alí se ubica. Amais, abordarase o proxecto que se está a levar a cabo para o tratamento de augas residuais.

A posteriori, chegarase á planta piloto, onde todo se magnifica e a sensación de espazo aumenta. Alí, no medio dunha instalación de grandes proporcións, repásase detalladamente o equipo presente e compártese a labor dos estudantes de posgrao, que empregan esta planta coma centro das probas das súas investigacións.

Por último, mais non por iso menos importante, visítase a bilbioteca. Este espazo aberto e diáfano acolle a decenas de alumnos que precisan de tranquilidade para afrontar os seus retos académicos. As súas dúas plantas son un exemplo de concisión no desenvolvemento arquitectónico, conseguindo aunar nunha mesma estancia espazo, luz e mobiliario. Cómpre non chamar demasiado a atención no percorrido para non espertar as miradas inquisidoras dos concentrados lectores.