Un novo informe sobre IA e xornalismo
Como xa se falou en anteriores entregas da Innoteca, o uso de intelixencia artificial no xornalismo xera intensos debates. Ao igual que acontece en outros moitos casos, o desarrollo da tecnoloxía é máis rápido que as reflexións éticas, e incluso legais, que o acompañan. Agora, un ano despois da chegada de ChatGPT e da revolución que supuxo para a IA, especialmente en termos de democratización e publicidade deste tipo de tecnoloxías, son moitos os organismos e investigadores que exploran as implicacións que pode traer consigo.
O ARC Centre of Excellence for Automated Decision-Making and Society vén de sacar un informe xustamente sobre o uso desta tecnoloxía nos medios de comunicación: AI and Automated Decision-Making in News and Media. Neste dossier, financiado polo goberno australiano a través do Australian Research Council, examínanse as implicacións e desafíos que traen consigo diferentes sistemas automatizados que se están a integrar xa nas redaccións.
Os autores exploran os riscos que conleva a automatización e uso de IA en motores de busca, en sistemas de recomendación, na moderación e curación de contidos e nos sistemas de publicidade automatizados (AdTech). Ademais, nestas páxinas tamén explican cómo funcionan estes sistemas automatizados a nivel técnico e poñéndoos en contexto, mostrando exemplos reais.
Dividindo e clasificando os desafíos atopados dependendo do sistema que os causa, este informe sinala doce ítems clave, doce ‘novos retos’ que surxen destas automatizacións. Entre eles está garantir que se respecte a igualdade, a equidade e a diversidade; favorecer a diversidade de fontes; a aparición de desinformación, e os deepfakes, entre outros.
Para rematar, o informe explora dúas cuestións clave: o uso de IA xenerativa e a avaliación de medios de comunicación automatizados. Esta intelixencia xenerativa (ChatGPT é un dos exemplos máis populares) é capaz de crear contido novo de forma autónoma despois de ter sido “entrenada” con datos e contidos xa existentes. Este campo da IA trae debates importantes relacionados con ámbitos moi diferentes como por exemplo os dereitos de autor, os posibles nesgos algorítmicos ou incluso o impacto que pode ter a nivel laboral nos sectores que dependen da creatividade dos traballadores (escritores e guionistas, por exemplo). Con relación á avaliación de medios de comunicación, os autores propoñen a creación de “campos de tiro”, lugares dixitais seguros nos que probar os efectos de contidos e sistemas de comunicación, así como se fai xa en materia de ciberseguridade pero aplicándoo agora ao mundo das ciencias sociais.