Importante descenso do interese polas novas en España, segundo o Digital News Report 2023

O interese polas noticias en España baixou trinta e catro puntos desde o ano 2015, segundo os datos da enquisa do Digital News Report 2023, que ven de facerse público. Este informe anual, que se fundamenta en datos de coirenta e seis mercados de seis continentes, constata o incremento da nosa dependencia do mapa de intermediarios que conforman as redes sociais, onde hai importantes cambios motivados polo auxe das redes que teñen os vídeos como elemento central.

A importante oferta do xornalismo de calidade, que moitos cidadáns seguen considerando fundamental para un bo funcionamento das sociedades democráticas actuais, enfróntase ao desafío de baixos niveis de confianza por parte dos usuarios e a un entorno empresarial incerto. A redución de gastos nos fogares polos incrementos nos costes da vida diaria implica, en moitos casos, un descenso do diñeiro que moitos cidadáns destinan aos produtos comunicativos.

O informe completo está accesible en: https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/digital-news-report/2023