#NISData: o poder do xornalismo de datos para construír confianza nos medios
Os diferentes relatorios do “News Impact Summits Online: Periodismo de datos – Xerar confianza nos medios” xa están dispoñibles na canle de Youtube do European Journalism Centre.
Oportunidades e retos do xornalismo de datos fronte a COVID-19, como construír historias visuais de éxito, por que os xornalistas precisan acceso a datos públicos, a importancia da automatización nas redaccións… son algúns dos temas que se tratan nas 19 intervencións que compoñen o evento.
Ligazón para acceder: https://www.youtube.com/playlist?list=PLX8WJHJrWe7LSpeTPGIjUEYOsoi5Kl8Dy