Plan da cadea BBC para reforzar a imparcialidade na súa oferta xornalística
A BBC estrea un conxunto de medidas, recollidas nunha guía, para que os seus xornalistas actúen con imparcialidade, principio recollido no seu libro de estilo e que agora quere reforzar con novas medidas a través dun documento que fixo público recentemente. Esta iniciativa da cadea pública británica inclúe un plan de formación, que levará adiante a través de BBC Academy, para reforzar a confianza dos usuarios na información que ofrece. A BBC sostén que a imparcialidade hai que vela como algo que inclúe a precisión, as evidencias, os feitos, a transparencia e os xuízos fundamentados.
Acceso á guía: https://www.bbc.com/editorialguidelines/guidance/impartiality