O traballo de investigación en rede consolídase

A investigación xornalística avanza en varias frontes. Aínda que moitos medios non lle prestan atención, o esforzo de xornalistas comprometidos cunha información veraz e en profundidade vai dando froitos. Unha das vías para estes avances chega da man das redes de investigación xornalísticas.

Destas redes hoxe destacamos o papel do ICIJ (International Consortium of Investigative Journalists), o Consorcio Internacional de Periodistas de Investigación, que coordenou a cento cuarenta xornalistas de cincuenta medios e de cuarenta e cinco países para a investigación coñecida como “SwissLeaks”.