Os cidadáns séntense máis cómodos coas noticias supervisadas por humanos, segundo o Digital News Report 2025 

A maioría dos cidadáns mantéñense escépticos sobre a aplicación da intelixencia artificial no xornalismo e declaran que se senten máis cómodos cando acceden a información elaborada con supervisión humana, segundo os datos recollidos no Digital News Report 2025. Esta edición do informe presta especial atención aos novos retos que plantean as plataformas de intelixencia artificial e os chatbots.

O informe completo pode consultarse en https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/digital-news-report/2025