O Digital News Report 2021 reflicte o impacto da COVID-19 no xornalismo dixital

O informe Digital News Report 2021 do Reuters Institute for the Study of Journalism recolle datos de 46 países a partir da enquisa anual realizada nos primeiros meses de 2021. A continuación sinálanse algunhas das tendencias no novo informe:

  • O impacto da COVID-19 condiciona o estado actual do xornalismo dixital, especialmente polas consecuencias económicas e laborais nos medios. Por outra parte, a necesidade informativa durante a pandemia tamén fai mudar algunhas tendencias.
  • Hai unha aceleración na implementación de novos modelos de negocio (subscrición e membresía), aínda que insuficientes para paliar a crise e en niveles baixos de forma xeralizada. En España, o 12% dos participantes na enquisa pagan polo acceso á información dixital.
  • A nivel global, hai unha recuperación da confianza nos medios no contexto da pandemia, ata niveis de 2018. Sen embargo, en España a confianza segue no nivel máis baixo dende 2015.
  • É necesario reforzar a igualdade, a diversidade e a inclusión nos medios.
  • O acceso á información está cada vez máis distribuído. O uso de redes sociais e apps de mensaxería para informarse segue sendo destacado, especialmente nas xeracións máis novas.
  • A preocupación pola información falsa en circulación varía moito entre países, pero os usuarios de redes sociais manifestan unha maior exposición.
  • O valor dos medios de proximidade limítase cada vez máis a temas como a política local e os sucesos, ao tempo que a información de utilidade como o tempo, o emprego ou a axenda de actividades gaña protagonismo noutros espazos de comunicacion dixital (ou é consultada a través de buscadores).
  • O uso do smartphone para informarse acada o 73%, co maior crecemento dos últimos anos. No caso de España, o 78% no 2020.

Acceso ao informe