Sistrix: unha ferramenta SEO de gran utilidade para os xornalistas

O profesor Lluís Codina analiza as capacidades da ferramenta online Sistrix cun dobre propósito: estudar as súas posibilidades aplicadas ao SEO xornalístico por un lado e amosar a utilidade das análises SEO a xornalistas e futuros xornalistas por outro. En concreto, para “mellorar a visibilidade da súa produción e con isto asegurar e mellorar a súa sustentabilidade”.

No artigo, o profesor Codina repasa as principais funcionalidades da ferramenta, poñendo especial atención ao Índice de Visibilidade, un indicador chave que permite que se constrúe a partir do número de palabras chave que un sitio posiciona nos 100 primeiros resultados de busca de Google -lembremos que é o buscador máis utilizado no mundo- e poñelo en comparación con outros sitios web. Para a análise, utiliza o exemplo de xataka.com, por ser “un cibermedio nativo que co tempo foi progresando dunha forma moi positiva”.

 

Ligazón: https://www.lluiscodina.com/sistrix-seo-periodismo/