Informe Global Digital Future in Focus 2018
O pasado 6 de marzo, comScore publicou o informe Global Digital Future in Focus 2018, sobre hábitos de consumo dixital e multiplataforma en Estados Unidos, Canadá, Francia, Alemaña, Italia, España, Reino Unido, Arxentina, Brasil, México, India, Indonesia e Malasia.
Algunhas das tendencias que apunta son:
- Máis do 80% do tempo que os usuarios pasan no móbil é para consumo a través de apps (España: 88%).
- O consumo mobile-only (smartphone e tableta) crece de forma xeralizada (baixa en Francia, España e Indonesia), aínda que o común segue a ser o consumo multiplataforma.
- Máis da cuarta parte do tempo adicado ao móbil pásase nos servizos de mensaxería instantánea e redes sociais.
Descarga do informe: comScore.
