Sociedad Digital en España 2017
Publicouse o informe Sociedad Digital en España 2017 da Fundación Telefónica, que anualmente resume os principais avances en materia de tecnoloxías da comunicación. O documento inclúe datos actualizados da conectividade, o acceso e os dispositivos, así como do impacto do uso das TIC por sectores.
España é líder en infraestructuras de conexión por fibra óptica á rede.
O tráfico móbil crece un 120% no último ano, apoiado no aumento do tráfico LTE/4G.
O informe expón as últimas tendencias en áreas como o comercio electrónico, as videochamadas, a privacidade e os obxectos conectados.