{"id":854,"date":"2026-03-06T13:05:08","date_gmt":"2026-03-06T13:05:08","guid":{"rendered":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/?p=854"},"modified":"2026-03-06T13:05:08","modified_gmt":"2026-03-06T13:05:08","slug":"o-sector-dos-medios-en-europa-perante-o-auxe-da-economia-da-atencion-perspectivas-da-ue","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/2026\/03\/o-sector-dos-medios-en-europa-perante-o-auxe-da-economia-da-atencion-perspectivas-da-ue\/","title":{"rendered":"O sector dos medios en Europa perante o auxe da econom\u00eda da atenci\u00f3n: perspectivas da UE"},"content":{"rendered":"\n<p>A Uni\u00f3n Europea (UE) leva meses difundindo os resultados da segunda edici\u00f3n do informe Perspectivas da Industria dos Medios de Comunicaci\u00f3n (<em>Media Industry Outlook report<\/em>), que dende 2019 trata de sintetizar o estado do mercado dos medios en Europa. A s\u00faa visi\u00f3n do sector \u00e9 ampla, inclu\u00edndo os entes xornal\u00edsticos, o audiovisual, os videoxogos ou a realidade aumentada.<\/p>\n\n\n\n<p>Baseado en investigaci\u00f3ns independentes e enquisas aos consumidores, o documento salienta as tendencias chave para a industria dos medios de comunicaci\u00f3n, dende o consumo de noticias ata os niveis de confianza ou a viabilidade dos modelos de negocio.<\/p>\n\n\n\n<p>En primeiro lugar, <strong>o sector europeo est\u00e1 profundamente inmerso na chamada econom\u00eda da atenci\u00f3n<\/strong>, onde plataformas en li\u00f1a captan cada vez m\u00e1is \u00e1 audiencia facendo competencia directa aos medios tradicionais. O consumo das noticias non desapareceu, pero mudou de forma: os cidad\u00e1ns europeos consomen principalmente contidos curtos e dixitais a trav\u00e9s das redes sociais antes de acudir aos medios, a\u00ednda que a televisi\u00f3n e a radio p\u00fablicas contin\u00faan sendo consideradas fontes m\u00e1is fiables en case todos os estados membros. Tam\u00e9n se detectan amplas diferenzas xeracionais no uso dos medios.<\/p>\n\n\n\n<p>Seguindo co anterior, unha gran maior\u00eda de europeos (87%) segue consultando noticias a diario e unha proporci\u00f3n significativa percibe a informaci\u00f3n profesional como fiable. Con todo, <strong>esa confianza non se traduce en vontade de pagar por contidos<\/strong>, xa que se sinala que o 66% dos cidad\u00e1ns non quere subscribirse aos medios. Isto agrava a dificultade dos modelos de negocio tradicionais para xerar ingresos suficientes.<\/p>\n\n\n\n<p>Asemade, prod\u00facese unha <strong>\u201cplataformizaci\u00f3n\u201d na que o papel da IA est\u00e1 a mudar fortemente o sector<\/strong>. Grazas \u00e1 xeneralizaci\u00f3n desa tecnolox\u00eda, a produci\u00f3n de contidos \u00e9 m\u00e1is r\u00e1pida e accesible, pero tam\u00e9n intensifica a competencia entre actores con m\u00e1is recursos e as plataformas tecnol\u00f3xicas que dominan a atenci\u00f3n e a distribuci\u00f3n. Os pequenos editores te\u00f1en menos capacidade para investir en ferramentas tecnol\u00f3xicas, o que leva a unha expansi\u00f3n de contidos de baixa calidade e desinformaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola s\u00faa banda, o informe reflicte que <strong>os ingresos publicitarios dos medios informativos caeron<\/strong> de 84,3 mil mill\u00f3ns de euros en 2019 a 77,2 mil mill\u00f3ns en 2023, afectando especialmente ao sector da prensa escrita, que tam\u00e9n perde circulaci\u00f3n. Mentres tanto, as plataformas en li\u00f1a captan unha porcentaxe crecente destes ingresos publicitarios, po\u00f1endo en risco a viabilidade econ\u00f3mica dos medios tradicionais en case todos os estados da UE.<\/p>\n\n\n\n<p>Cunha diminuci\u00f3n notable do emprego no sector, o informe concl\u00fae que <strong>os modelos de negocio cl\u00e1sicos xa non son suficientes por si mesmos<\/strong>. Semella que os medios deben adoptar enfoques centrados nas audiencias e explorar novas fontes de ingresos, inclu\u00edndo actividades propias e a colaboraci\u00f3n coa econom\u00eda de creadores que triunfa nas redes sociais, co gallo de garantir a sostibilidade da informaci\u00f3n de calidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste contexto, os medios locais e pequenos contin\u00faan sendo os m\u00e1is vulnerables, como evidencia a aparici\u00f3n de \u201cdesertos informativos\u201d. Este tipo de medios dependen frecuentemente de doaz\u00f3ns (por exemplo, de grandes corporaci\u00f3ns como Meta ou Google), subvenci\u00f3ns p\u00fablicas nos pa\u00edses deles ou fondos europeos.<\/p>\n\n\n\n<p>O documento at\u00f3pase dispo\u00f1ible nesta ligaz\u00f3n da European Federation of Journalists: <a href=\"https:\/\/europeanjournalists.org\/blog\/2025\/12\/22\/2025-media-industry-outlook-report-media-business-models-hit-hard-by-the-attention-economy\/\">https:\/\/europeanjournalists.org\/blog\/2025\/12\/22\/2025-media-industry-outlook-report-media-business-models-hit-hard-by-the-attention-economy\/<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Uni\u00f3n Europea (UE) leva meses difundindo os resultados da segunda edici\u00f3n do informe Perspectivas da Industria dos Medios de Comunicaci\u00f3n (Media Industry Outlook report), que dende 2019 trata de&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":20,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-854","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-formacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/854"}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/users\/20"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=854"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/854\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":855,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/854\/revisions\/855"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=854"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=854"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=854"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}