{"id":844,"date":"2026-02-10T11:38:32","date_gmt":"2026-02-10T11:38:32","guid":{"rendered":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/?p=844"},"modified":"2026-02-10T11:38:32","modified_gmt":"2026-02-10T11:38:32","slug":"local-journalist-index-o-proxecto-que-examina-a-cobertura-local-de-cada-condado-dos-eua","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/2026\/02\/local-journalist-index-o-proxecto-que-examina-a-cobertura-local-de-cada-condado-dos-eua\/","title":{"rendered":"Local Journalist Index, o proxecto que examina a cobertura local de cada condado dos EUA"},"content":{"rendered":"\n<p>A plataforma Muck Rack e a organizaci\u00f3n Rebuild LocalNews presentaron os resultados do Local Journalist Index, que amosa como a cobertura xornal\u00edstica local nos Estados Unidos de Am\u00e9rica (EUA) sufriu un descenso dram\u00e1tico no que vai de s\u00e9culo. Segundo o informe, no ano 2000 hab\u00eda arredor de 40 xornalistas por cada 100 000 habitantes, mentres que en 2025 ese n\u00famero caeu a 8,2. Tr\u00e1tase dunha <strong>diminuci\u00f3n aproximada do 75%<\/strong>, utilizando unha medida innovadora chamada Equivalentes de Xornalistas Locais (LJE en ingl\u00e9s).<\/p>\n\n\n\n<p>O proxecto revela a existencia de <strong>moitas zonas sen cobertura efectiva<\/strong>: m\u00e1is dun terzo dos condados dos EUA non te\u00f1en nin sequera o equivalente a un xornalista local a tempo completo. En total, arredor de 1.000 condados carecen de profesionais suficientes para informar sobre asuntos como decisi\u00f3ns do goberno local ou eventos.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao contrario do que se poder\u00eda pensar, esta crise <strong>afecta a todo tipo de comunidades<\/strong>. Condados urbanos e suburbanos, mesmo en cidades grandes como Os \u00c1nxeles, tam\u00e9n te\u00f1en un n\u00famero moi reducido de xornalistas locais por habitante. Isto implica que en moitos lugares a cobertura de noticias unicamente ocorre en casos de sucesos importantes, pero non en temas que afectan \u00e1 vida coti\u00e1 das persoas. \u00c9 rechamante que alg\u00fans condados con m\u00e1is de 150.000 habitantes non cheguen a acadar un xornalista, como sucede en Paulding (Georgia), DeSoto (Mississippi) ou Onslow (Carolina do Norte).<\/p>\n\n\n\n<p>Asemade, o problema rep\u00edtese en \u00e1reas moi din\u00e1micas, con r\u00e1pidos crecementos de poboaci\u00f3n. Por exemplo, os condados de Fort Bend County (Houston, Texas) o Maricopa (Phoenix, Arizona). Os medios locais de Houston e Phoenix cobren esas zonas, pero normalmente s\u00f3 cando hai un incidente de enormes danos materiais e persoais.<\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, <strong>nalgunhas comunidades pequenas, con xornalistas moi activos<\/strong> (o informe identifica profesionais deste perfil en Dakota do Sur ou Nebraska), <strong>a proporci\u00f3n de cobertura por habitante resulta ser especialmente elevada<\/strong>, contrastando coa tendencia xeral de escaseza.<\/p>\n\n\n\n<p>O \u00edndice tam\u00e9n mostra diferenzas significativas entre estados: alg\u00fans te\u00f1en varias veces m\u00e1is xornalistas locais por 100.000 habitantes que outros. Malia que os estados rurais predominan na parte superior da lista, \u00e9 dif\u00edcil atopar patr\u00f3ns baseados s\u00f3 no tama\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Os autores salientan que as condici\u00f3ns de cada territorio, inclu\u00edndo patr\u00f3ns de propiedade dos medios de comunicaci\u00f3n, poder\u00edan explicar certas diferencias. Ademais, agardan que estes datos sirvan como ferramenta para orientar investimentos filantr\u00f3picos, pol\u00edticas p\u00fablicas e iniciativas empresariais que poidan axudar a revitalizar o xornalismo local.<\/p>\n\n\n\n<p>A informaci\u00f3n completa est\u00e1 dispo\u00f1ible nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/muckrack.com\/research\/local-journalist-index\">https:\/\/muckrack.com\/research\/local-journalist-index<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A plataforma Muck Rack e a organizaci\u00f3n Rebuild LocalNews presentaron os resultados do Local Journalist Index, que amosa como a cobertura xornal\u00edstica local nos Estados Unidos de Am\u00e9rica (EUA) sufriu&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":20,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-844","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-formacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/844"}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/users\/20"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=844"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/844\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":845,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/844\/revisions\/845"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=844"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=844"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=844"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}