{"id":834,"date":"2026-01-02T09:24:31","date_gmt":"2026-01-02T09:24:31","guid":{"rendered":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/?p=834"},"modified":"2026-01-02T09:25:59","modified_gmt":"2026-01-02T09:25:59","slug":"predicions-para-o-xornalismo-no-2026-segundo-o-niemanlab","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/2026\/01\/predicions-para-o-xornalismo-no-2026-segundo-o-niemanlab\/","title":{"rendered":"Predici\u00f3ns para o xornalismo no 2026, segundo o NiemanLab"},"content":{"rendered":"\n<p>Como \u00e9 habitual co cambio de ano, o Nieman Journalism Lab vencellado \u00e1 Universidade de Harvard v\u00e9n de compartir as s\u00faas predici\u00f3ns para os pr\u00f3ximos doce meses no eido do xornalismo, a partir da visi\u00f3n de expertos. 2026 vir\u00e1 marcado pola consolidaci\u00f3n de certas tendencias tecnol\u00f3xicas, pero tam\u00e9n por un incremento do valor das persoas e o contido orixinal. Os especialistas consultados salientan os seguintes aspectos:<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>A era da IA remodela o xornalismo, pero non o substit\u00fae<\/strong>. Moitas das predici\u00f3ns destacan que a intelixencia artificial se seguir\u00e1 integrando nas redacci\u00f3ns, automatizando tarefas repetitivas e axudando na adaptaci\u00f3n dos contidos \u00e1s preferencias individuais, pero non ser\u00e1 quen de substitu\u00edr ao xornalismo humano. Por tanto, \u00e9 a\u00ednda m\u00e1is necesaria a supervisi\u00f3n editorial e a transparencia para garantir a credibilidade das noticias. Isto non significa prescindir da IA. De feito, Erin B. Logan, do <em>Washington Post<\/em>, di que o perigo xa non \u00e9 a IA, sen\u00f3n evitala.<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>O contido aut\u00e9ntico e orixinal medra en valor<\/strong>. Semella que as audiencias demandar\u00e1n informaci\u00f3n de valor engadido feita por humanos, mentres que os produtos unicamente xerados por IA perder\u00e1n importancia. Se se quere ga\u00f1ar a confianza p\u00fablica, ser\u00e1 fundamental ese contido \u201cpremium\u201d humano baseado na investigaci\u00f3n e a relaci\u00f3n coa comunidade.<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Formatos adaptados \u00e1s persoas<\/strong>. As noticias evolucionar\u00e1n cara a formatos m\u00e1is flexibles e cognitivos, ofrecendo non s\u00f3 texto longo sen\u00f3n v\u00eddeo, son e interacci\u00f3n que se axusten mellor ao xeito no que as persoas procesan a informaci\u00f3n. Ademais, incl\u00faese estruturar contidos para diferentes audiencias e dispositivos.<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Cambios estruturais e retos para o sector<\/strong>. As predici\u00f3ns sinalan que 2026 ser\u00e1 un ano de presi\u00f3n econ\u00f3mica e organizativa, algo que ameaza o futuro segundo o profesor Pablo Boczkowski: novos modelos de negocio, exploraci\u00f3n de APIs, uso de arquivos como produtos, e a posible emerxencia de reporteiros locais baseados en modelos m\u00e1is pequenos de IA. Samantha Ragland, do American Press Instituto, subli\u00f1a un posible maior peso das redacci\u00f3n locais como maneira de conectar mellor coa comunidade.<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>Seguindo co anterior, o <strong>xornalismo como acto comunitario<\/strong> volve estar no centro do debate acad\u00e9mico e profesional. Al\u00e9n da tecnolox\u00eda, moitas voces pred\u00edn que a esencia do xornalismo mudar\u00e1 precisamente cara a un v\u00ednculo m\u00e1is estreito coa comunidade. Cuestionase as\u00ed o papel das grandes plataformas, pero est\u00e1 por ver ata que punto se desenvolve un novo tipo de relaci\u00f3n con estas empresas de Big Tech. <\/p>\n\n\n\n<p>A implicaci\u00f3n do p\u00fablico pode artellarse mediante diferentes pr\u00e1cticas, nomeadamente a rendici\u00f3n de contas e a dispo\u00f1ibilidade aberta dos datos. Isto sup\u00f3n repensar conceptos como a confianza.<\/p>\n\n\n\n<p>Este \u00e9 un resumo das principais tendencias. Todas as predici\u00f3ns, xunto cun buscador por nome e data, at\u00f3panse nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.niemanlab.org\/collection\/predictions-2026\">https:\/\/www.niemanlab.org\/collection\/predictions-2026<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como \u00e9 habitual co cambio de ano, o Nieman Journalism Lab vencellado \u00e1 Universidade de Harvard v\u00e9n de compartir as s\u00faas predici\u00f3ns para os pr\u00f3ximos doce meses no eido do&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":20,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-834","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-formacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/834"}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/users\/20"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=834"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/834\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":838,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/834\/revisions\/838"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=834"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=834"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=834"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}