{"id":825,"date":"2025-11-26T18:12:15","date_gmt":"2025-11-26T18:12:15","guid":{"rendered":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/?p=825"},"modified":"2025-11-26T18:14:14","modified_gmt":"2025-11-26T18:14:14","slug":"o-acoso-online-consolidouse-como-un-risco-laboral-para-os-xornalistas-segundo-un-informe-do-efj","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/2025\/11\/o-acoso-online-consolidouse-como-un-risco-laboral-para-os-xornalistas-segundo-un-informe-do-efj\/","title":{"rendered":"O acoso online consolidouse como un risco laboral para os xornalistas, segundo un informe do EFJ"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-left\"><strong>Un xornalista <\/strong>atopa unha pintada na fachada da s\u00faa casa cunha <strong>ameaza de morte.<\/strong> Outra recibe mensaxes que lle adiantan que <strong>ser\u00e1 \u201cdespezada\u201d. <\/strong>Hai quen ve circular un <strong>v\u00eddeo manipulado <\/strong>co seu rostro,  mentres outros descobren que a s\u00faa imaxe foi utilizada en anuncios fraudulentos ou en <strong><em>deepfakes<\/em> pornogr\u00e1ficos. <\/strong>A unha profesional comp\u00e1rtenlle o n\u00famero de tel\u00e9fono nun grupo de Telegram con miles de membros para que desco\u00f1ecidos a acosen. Un xornalista alem\u00e1n ve como se difunden <strong>audios falsos <\/strong>que imitan a s\u00faa voz para desacreditar o seu traballo. En Roman\u00eda, os ataques mesmo se estenden a familiares, e nos Pa\u00edses Baixos un xornalista sofre un <strong>ataque f\u00edsico <\/strong>tras ser exposto en redes. Todas estas experiencias, tan diversas e ao mesmo tempo tan alarmantes, forman parte dos <strong>casos reais recollidos no informe <em>Ending the Silence on Online Harassment of Journalists<\/em><\/strong> da <a href=\"https:\/\/europeanjournalists.org\/\">European Federation of Journalists (EFJ).<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>O informe mostra que a <strong>violencia dixital contra xornalistas<\/strong> \u00e9 xa un fen\u00f3meno transversal en Europa, con formas que van desde insultos e ameazas ata campa\u00f1as de descr\u00e9dito, doxing, suplantaci\u00f3n de identidade ou <em>deepfakes<\/em> cada vez m\u00e1is convincentes. Un dato clave que destaca a EFJ \u00e9 a <strong>normalizaci\u00f3n: <\/strong>moitos profesionais asumen que soportar este nivel de hostilidade \u00e9 parte do traballo, mesmo que vai no seu soldo, o que explica que unha <strong>boa parte dos casos non se denuncien.<\/strong> Pero deixar de nomear o problema non o fai desaparecer, ao contrario, cronif\u00edcao.<\/p>\n\n\n\n<p>Son as <strong>mulleres, persoas racializadas, xornalistas LGTBIQ+ e profesionais freelance <\/strong>os que sofren ataques m\u00e1is frecuentes e m\u00e1is violentos. O contido sexualizado, como a creaci\u00f3n de deepfakes pornogr\u00e1ficos ou as ameazas de violaci\u00f3n, converteuse nunha das formas m\u00e1is extremas de agresi\u00f3n, destinada a danar de maneira especialmente profunda a <strong>reputaci\u00f3n e a sa\u00fade mental <\/strong>das v\u00edtimas. Estas experiencias te\u00f1en consecuencias directas: <strong>autocensura, abandono temporal das redes<\/strong> e, nalg\u00fans casos, mesmo a <strong>renuncia \u00e1 actividade xornal\u00edstica.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O estudo destaca que boa parte do acoso online a xornalistas est\u00e1 <strong>alimentado por figuras p\u00fablicas, responsables pol\u00edticos e <em>influencers <\/em><\/strong>que, ao sinalar directamente aos profesionais da informaci\u00f3n acosados, amplifican as campa\u00f1as de odio. Esta din\u00e1mica erosiona a seguridade das persoas afectadas, <strong>debilita a confianza social no xornalismo <\/strong>e limita a capacidade dos medios para traballar con independencia. Ademais, a fronteira entre o dixital e o f\u00edsico difum\u00ednase, xa que o acoso nas redes pode desembocar en <strong>agresi\u00f3ns, vandalismo ou ameazas a familiares, <\/strong>xerando un clima de medo que afecta o benestar e a liberdade profesional dos xornalistas.<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que existen <strong>iniciativas valiosas <\/strong>que loitan contra esta forma de acoso, como <a href=\"https:\/\/persveilig.nl\/\">PersVeilig<\/a> nos Pa\u00edses Baixos ou <a href=\"https:\/\/safejournalists.net\/\">SafeJournalists<\/a> nos Balc\u00e1ns, seguen sendo excepcionais. A maior\u00eda das <strong>redacci\u00f3ns carecen de protocolos, <\/strong>as autoridades non dispo\u00f1en de formaci\u00f3n espec\u00edfica e as plataformas tecnol\u00f3xicas responden de maneira <strong>lenta e pouco transparente. <\/strong>Por iso, o informe defende <strong>tratar o acoso online como un risco laboral,<\/strong> reforzar a seguridade dixital, incorporar medidas con perspectiva de x\u00e9nero e esixir \u00e1s plataformas mecanismos de resposta eficaces. A violencia dixital contra xornalistas \u00e9 unha <strong>ameaza directa \u00e1 liberdade de prensa <\/strong>e, polo tanto, \u00e1 sa\u00fade democr\u00e1tica das sociedades.<\/p>\n\n\n\n<p>Podes ler o <strong>informe completo<\/strong> <a href=\"https:\/\/europeanjournalists.org\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SUJ-harassment-report_final-24.11.2025_compressed.pdf\">aqu\u00ed.<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un xornalista atopa unha pintada na fachada da s\u00faa casa cunha ameaza de morte. Outra recibe mensaxes que lle adiantan que ser\u00e1 \u201cdespezada\u201d. Hai quen ve circular un v\u00eddeo manipulado&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":19,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-825","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-redes-sociales"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/825"}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/users\/19"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=825"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/825\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":828,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/825\/revisions\/828"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=825"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=825"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=825"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}