{"id":763,"date":"2025-02-24T08:52:25","date_gmt":"2025-02-24T08:52:25","guid":{"rendered":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/?p=763"},"modified":"2025-02-24T08:52:25","modified_gmt":"2025-02-24T08:52:25","slug":"x-bluesky-e-o-enigma-do-aburrimento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/2025\/02\/x-bluesky-e-o-enigma-do-aburrimento\/","title":{"rendered":"X, Bluesky e o enigma do aburrimento"},"content":{"rendered":"\n<p>&nbsp;Ao longo da pasada semana comezou a aparecer entre os usuarios de Bluesky un cualificativo para definir unha rede social ata agora moi pouco empregado: \u2018aburrida\u2019. Uns cantos usuarios comezaron a bromear ao redor disto, identificando con facilidade a ra\u00edz desa sensaci\u00f3n de aburrimento. \u201cMantengamos Bluesky aburrido si eso es sin\u00f3nimo de anticasito\u201d (@ignaciopato), \u201cQue Bluesky es aburrido es absolutamente verdad. Tambi\u00e9n es aburrido dejar la droga y estar sobrio\u201d (@raquelpelaez) ou \u201cEso de que Bluesky es aburrido recuerda al soldado retirado que a\u00f1ora la guerra (@juanroures). En gran medida a porta foi aberta por un<a href=\"https:\/\/www.jotdown.es\/2025\/02\/bluesky-la-red-social-que-hace-que-linkedin-parezca-un-monologo-de-ricky-gervais\/\"> artigo publicado na <em>Jot Down<\/em><\/a> (19\/02\/2025) da man de Hip\u00f3lito Ledesma, no que realiza esta caracterizaci\u00f3n hilarante sobre as tres redes sociais de car\u00e1cter de m\u00e1is car\u00e1cter textual e conversacional: \u201cEn un universo conversacional donde Twitter es un after lleno de trolls en plena combusti\u00f3n y Facebook se ha convertido en la feria del reencuentro con tu t\u00edo conspiranoico y tu amor plat\u00f3nico de educaci\u00f3n infantil, Bluesky emerge como un espacio pulcro donde la pol\u00e9mica muere antes de nacer\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Vagas migratorias<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ata o momento, o \u2018aburrimento\u2019 non fora un termo de uso com\u00fan \u00e1 hora de que os usuarios describiran o ambiente xeral dunha rede social, pero tam\u00e9n \u00e9 nova a rede \u00e1 que est\u00e1 asociada, Bluesky. Naceu en 2019 coma un proxecto dentro do propio Twitter ata que en 2021 se converteu nunha empresa independente da man de Jay Graber. O crecemento de usuarios en Bluesky \u00e9 tam\u00e9n in\u00e9dito na historia das redes sociais: como unha reacci\u00f3n dos usuarios ante os cambios na s\u00faa rede matriz. Poderiamos citar como fitos de migraci\u00f3n de usuarios a adquisici\u00f3n de Twitter por Elon Musk en 2022 e os cambios e enfrontamentos vividos entre ent\u00f3n: o bloqueo de Twitter por orde xudicial no Brasil (4 mill\u00f3ns de usuarios novos), os cambios nas funci\u00f3ns de bloqueo e nos termos de servizo de Twitter (1,2 mill\u00f3ns de usuarios novos en dous d\u00edas) ou os cambios pol\u00edticos nos Estados Unidos e a consideraci\u00f3n por parte de moitos usuarios de que Musk alterara os algoritmos desta rede para beneficiar a visibilidade dos contidos que favorec\u00edan a Donald Trump e a ultradereita, incentivado a desinformaci\u00f3n e os contidos t\u00f3xicos. Deste xeito, a vitoria de Trump en novembro de 2024 e a toma de posesi\u00f3n o 20 de xaneiro de 2025 desembocaron en novas migraci\u00f3ns de usuarios que fan que na altura de publicaci\u00f3n desta nota, Bluesky supere os 32 mill\u00f3ns de contas. A\u00ednda que os datos son bastante opacos, este crecemento foi parello \u00e1 perda de usuarios de X, estimado de entre 6 e 7 mill\u00f3ns de usuarios mensuais entre 2023 e 2024. Por\u00e9n, segundo Musk a plataforma en maio de 2024 contaba con 600 mill\u00f3ns de usuarios activos. A diferencia con Bluesky contin\u00faa a ser notable. Outra rede de modo textual na \u00f3rbita de Bluesky, Threads -parte do universo Meta e intimamente conectada con Instagram- m\u00f3vese segundo Mark Zuckerberg en m\u00e1is de 300 mill\u00f3ns de usuarios. Estes datos xa sinalan que a din\u00e1mica de Bluesky non \u00e9 exactamente a dunha rede de uso masivo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Motivaci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas, xeneracionais e culturais: o modelo tradicional de migraci\u00f3<\/strong> <\/p>\n\n\n\n<p>A numerosa literatura cient\u00edfica ao redor dos ciclos de vida das redes sociais ten destacado o car\u00e1cter din\u00e1mico da s\u00faa evoluci\u00f3n, a\u00ednda que de alg\u00fan xeito seguimos considerando como modelos as redes sociais de primeira xeraci\u00f3n, como Friendster, Tuenti, Orkut ou Myspace. E nas causas do abandono dunhas redes e a migraci\u00f3n a outras, os modelos enfatizan a combinaci\u00f3n de causas xeneracionais, tecnol\u00f3xicas, sociais e culturais, formando un todo combinado na que non \u00e9 posible entender as unhas sen as outras. Deste xeito, ata o momento cada rede social foi ocupando e redefinindo espazos e \u00e1mbitos anteriores, nun modelo tecnol\u00f3xico evolucionario que tam\u00e9n corresponde a unha transformaci\u00f3n cultural na que o texto cede terreo \u00e1s modalidades expresivas audiovisuais. No declive de Facebook a Instagram, por exemplo, est\u00e1 a fuxida xeracional pero tam\u00e9n o avance cara unha actitude fronte \u00e1 imaxe persoal e o contido audiovisual. A realidade de novas xeraci\u00f3ns nacidas co smartphone re\u00fanense, xa que logo, coas consecuencias comunicativas desa transformaci\u00f3n tecnol\u00f3xica e a penetraci\u00f3n da industria dos estilos de vida no mercado das redes. No paso de Instagram a Tiktok esa cultura audiovisual adquire unha nova dimensi\u00f3n, e a rede penetra ata \u00e1mbitos sociais ata o momento pouco explorados, como as amas de casa, ou os traballadores de servizos, nos que os consumos te\u00f1en que ser moi r\u00e1pidos, audiovisuais, consumibles nos desprazamentos en transporte p\u00fablico ou nos pequenos recesos e de natureza moi evasiva.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p><strong>As redes sociais como espazo p\u00fablico e a batalla pola hexemon\u00eda<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Esta nova situaci\u00f3n de Bluesky pon sobre a mesa unha nova motivaci\u00f3n, que responde tam\u00e9n a un novo escenario social e pol\u00edtico de \u00e1mbito global. Os motivos declarados do abandono de Twitter e adopci\u00f3n de Bluesky son pol\u00edticos: te\u00f1en que ver coa idea que te\u00f1en moitos usuarios do que debe ser a esfera p\u00fablica e do papel que as redes sociais deben xogar nela. Tam\u00e9n coa consideraci\u00f3n -en gran medida real- desas redes como epicentro dese espazo de discusi\u00f3n p\u00fablica no que converxen todo tipo de actores con intereses contrapostos ou complementarios. A primeira migraci\u00f3n ideol\u00f3xica que vivimos nas redes sociais deu lugar, xa que logo, a algo que alg\u00fans usuarios consideran \u2018aburrimento\u2019 e, outros, refer\u00edndose doutro xeito ao mesmo, e quizais na procura de aspectos positivos, como \u2018paz\u2019. Ten que ver esa percepci\u00f3n do \u2018aburrimento\u2019 coa ausencia real de confrontaci\u00f3n, coa escasa diversidade ideol\u00f3xica dos usuarios ou quizais con cuesti\u00f3ns m\u00e1is t\u00e9cnicas da plataforma, coma o axuste dos algoritmos de representaci\u00f3n que non favorece a diversidade de contidos? Herdan os usuarios unha cultura da confrontaci\u00f3n dial\u00e9ctica que agora botan en falta, ou \u00e9 precisa unha rede m\u00e1is diversa e numericamente robusta para triunfar? A\u00ednda que non dispo\u00f1emos de datos contrastados destes perf\u00eds, a percepci\u00f3n xeral en reportaxes e artigos \u00e9 que o perfil dos migrantes a Bluesky enc\u00e1dranse ideoloxicamente na esquerda, ou na cultural liberal norteamericana; o seu perfil profesional m\u00f3vese ao redor das industrias culturais, da comunicaci\u00f3n e do activismo social e cultural.<\/p>\n\n\n\n<p>En gran medida, os vellos modelos de abandono e adopci\u00f3n de redes non parecen servir do mesmo xeito. Se empregamos Google Trends para observar tendencias a cinco anos (2020-2025), observamos un interesante fen\u00f3meno: un acusado descenso de Facebook ata 2022, e a partir de a\u00ed unha atenuaci\u00f3n das din\u00e1micas negativas desta rede. Mesmo, a\u00ednda que \u00e9 cedo para confirmalo, , o <em>affaire<\/em> X\/Bluesky parece terlle beneficiado en mercados como Espa\u00f1a. Instagram, Tiktok e X non rexistran crecementos nin descensos acusados, delatando un mercado maduro de marcas e usos sociais das redes que a aparici\u00f3n de Bluesky non parece ter alterado demasiado. Os vindeiros meses -e todo parece indicar que estar\u00e1n cheos de batafoula pol\u00edtica que anime a circulaci\u00f3n- ser\u00e1n decisivos para saber se esta plataforma se convertiu nunha alternativa \u00e1 influencia pol\u00edtica e social de X.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;Ao longo da pasada semana comezou a aparecer entre os usuarios de Bluesky un cualificativo para definir unha rede social ata agora moi pouco empregado: \u2018aburrida\u2019. Uns cantos usuarios comezaron&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":764,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-763","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-formacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/763"}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=763"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/763\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":765,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/763\/revisions\/765"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media\/764"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=763"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=763"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=763"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}