{"id":742,"date":"2024-09-13T10:36:25","date_gmt":"2024-09-13T10:36:25","guid":{"rendered":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/?p=742"},"modified":"2024-09-13T10:36:25","modified_gmt":"2024-09-13T10:36:25","slug":"a-figura-do-exoxornalista-e-os-perfis-profesionais-no-ambito-da-ia-son-estudados-nun-artigo-publicado-por-un-investigador-do-grupo-novos-medios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/2024\/09\/a-figura-do-exoxornalista-e-os-perfis-profesionais-no-ambito-da-ia-son-estudados-nun-artigo-publicado-por-un-investigador-do-grupo-novos-medios\/","title":{"rendered":"A figura do exoxornalista e os perf\u00eds profesionais no \u00e1mbito da IA son estudados nun artigo publicado por un investigador do grupo Novos Medios"},"content":{"rendered":"\n<p>O investigador do grupo <strong>Novos Medios<\/strong> C\u00e9sar Fieiras Ceide publica xunto cos acad\u00e9micos Mar\u00eda Jos\u00e9 Ufarte Ruiz e Francisco Murcia Verd\u00fa, da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM), un artigo na <em>Revista de Comunicaci\u00f3n<\/em> da Universidade de Piura <strong>(Q1 Scopus),<\/strong> onde exploran os novos perf\u00eds profesionais no \u00e1mbito da intelixencia artificial aplicada ao xornalismo.<\/p>\n\n\n\n<p>Este estudo, titulado \u00abCaracter\u00edsticas dos exoxornalistas espa\u00f1ois: novo perfil profesional na era da intelixencia artificial\u00bb, revela que non existe un \u00fanico perfil para quen traballa con intelixencia artificial no xornalismo, sen\u00f3n que os exoxornalistas espa\u00f1ois que interact\u00faan con estas tecnolox\u00edas amosan unha diversidade de competencias t\u00e9cnicas e ling\u00fc\u00edsticas. Estas habilidades perm\u00edtenlles documentar, verificar e xerar contidos desde unha l\u00f3xica transmedia e desde diferentes enfoques, adapt\u00e1ndose aos retos actuais da comunicaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>A investigaci\u00f3n desenvolveuse a partir dunha triangulaci\u00f3n metodol\u00f3xica que combina t\u00e9cnicas cualitativas e cuantitativas. Nunha primeira fase, realiz\u00e1ronse entrevistas semiestruturadas a profesores universitarios expertos no tema e a xornalistas de reco\u00f1ecida traxectoria. Estas entrevistas centr\u00e1ronse en tres \u00e1reas clave: habilidades e competencias, novos perf\u00eds profesionais e a transformaci\u00f3n das redacci\u00f3ns xornal\u00edsticas.<\/p>\n\n\n\n<p>Nunha segunda fase, realizouse unha observaci\u00f3n participante na redacci\u00f3n de Newtral, un medio pioneiro no uso de sistemas de verificaci\u00f3n baseados en intelixencia artificial. Esta observaci\u00f3n permitiu profundar nas competencias espec\u00edficas dos traballadores que desenvolven contidos automatizados nun entorno altamente tecnol\u00f3xico.<\/p>\n\n\n\n<p>Finalmente, difundiuse un cuestionario entre os integrantes da redacci\u00f3n de Newtral, co obxectivo de analizar as rutinas e tarefas que realizan a diario e estudar as competencias t\u00e9cnicas e ling\u00fc\u00edsticas necesarias para o desenvolvemento de contidos automatizados.<\/p>\n\n\n\n<p>As\u00ed mesmo, concl\u00faese que a transformaci\u00f3n laboral no xornalismo \u00e9 irreversible e est\u00e1 marcada pola necesidade de adquirir novas competencias t\u00e9cnicas relacionadas coa intelixencia artificial. Os xornalistas do futuro deber\u00e1n dominar tecnolox\u00edas emerxentes como o Machine Learning e o Deep Learning, as\u00ed como comprender a linguaxe computacional para maximizar o uso e o funcionamento dos algoritmos que crean contidos automatizados.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta capacitaci\u00f3n non est\u00e1 sendo promovida de maneira sistem\u00e1tica polas organizaci\u00f3ns medi\u00e1ticas, e son os propios xornalistas quen, en grande medida, est\u00e1n asumindo a responsabilidade de formarse pola s\u00faa conta. De feito, o 40% dos enquisados nesta investigaci\u00f3n sinalou que a s\u00faa especializaci\u00f3n nestas \u00e1reas foi maioritariamente autodidacta, o que evidencia un reto importante para o sector medi\u00e1tico en termos de formaci\u00f3n e adaptaci\u00f3n \u00e1s novas tecnolox\u00edas.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/revistadecomunicacion.com\/article\/view\/3519\">Link ao artigo completo<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Referencia:<\/strong> <strong>Ufarte Ruiz, M. J., Murcia Verd\u00fa, F. J., &amp; Fieiras Ceide, C. (2024). <\/strong>Caracter\u00edsticas de los exoperiodistas espa\u00f1oles: nuevo perfil profesional en la era de la inteligencia artificial.&nbsp;<em>Revista De Comunicaci\u00f3n<\/em>,&nbsp;<em>23<\/em>(2), 345\u2013362. https:\/\/doi.org\/10.26441\/RC23.2-2024-3519<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O investigador do grupo Novos Medios C\u00e9sar Fieiras Ceide publica xunto cos acad\u00e9micos Mar\u00eda Jos\u00e9 Ufarte Ruiz e Francisco Murcia Verd\u00fa, da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM), un artigo na&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":18,"featured_media":743,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[30],"tags":[],"class_list":["post-742","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-investigacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/742"}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/users\/18"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=742"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/742\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":744,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/742\/revisions\/744"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media\/743"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=742"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=742"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=742"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}