{"id":657,"date":"2023-04-11T15:25:12","date_gmt":"2023-04-11T15:25:12","guid":{"rendered":"http:\/\/novosmedios.gal\/lainnoteca\/?p=657"},"modified":"2023-04-11T15:25:12","modified_gmt":"2023-04-11T15:25:12","slug":"esta-satisfeita-a-cidadania-espanola-co-xornalismo-que-consume","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/2023\/04\/esta-satisfeita-a-cidadania-espanola-co-xornalismo-que-consume\/","title":{"rendered":"Est\u00e1 satisfeita a cidadan\u00eda espa\u00f1ola co xornalismo que consume?"},"content":{"rendered":"<p>O foro Periodismo 2030 e a Fundaci\u00f3n AXA publicaron un informe no que se recollen os resultados dunha sondaxe de opini\u00f3n sobre o xornalismo en Espa\u00f1a. Esta sondaxe, executada por Metroscopia en decembro do 2022, bas\u00e9ase na realizaci\u00f3n de 5.000 entrevistas (telef\u00f3nicas e online) a unha mostra representativa da poboaci\u00f3n residente en Espa\u00f1a. As cuesti\u00f3ns abordadas nas entrevistas incl\u00faen a funci\u00f3n social dos medios e a s\u00faa avaliaci\u00f3n, os h\u00e1bitos informativos da cidadan\u00eda, os muros de pago e a desintermediaci\u00f3n e as redes sociais.<\/p>\n<p>Os resultados apuntan a que a confianza da cidadan\u00eda espa\u00f1ola no xornalismo \u00e9 m\u00e1is forte na radio que no resto de medios. Os medios locais e de proximidade, pola s\u00faa banda, consolidan a s\u00faa relevancia, xa que o 51% das persoas entrevistadas considera que te\u00f1en un papel moi importante na s\u00faa contorna. Sobre o pago por contidos informativos, o 39% das persoas enquisadas est\u00e1 de acordo ou totalmente de acordo con que a informaci\u00f3n de calidade e fiable debe pagarse, mentres que o 36% se posici\u00f3n en contra desta necesidade de pagar. As\u00ed, s\u00f3 o 24% dos entrevistados est\u00e1 subscrito a un (15%) ou m\u00e1is de un (9%) medio informativo.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 opini\u00f3n da cidadan\u00eda galega (n=286), destaca por ser a comunidade con maior interese na informaci\u00f3n pol\u00edtica. Ademais, os galegos mostran uns niveis de credibilidade da cobertura informativa m\u00e1is baixos dos medios p\u00fablicos que nos privados. Mentres que os datos do conxunto de Espa\u00f1a apuntan que o 33% dos entrevistados conf\u00eda m\u00e1is nos medios p\u00fablicos que nos privados, en Galicia esta porcentaxe baixa ata o 23%. O 28% dos galegos consideran que os medios privados merecen m\u00e1is credibilidade, mentres que o 34% lles outorga niveis de credibilidade similares a medios p\u00fablicos e privados.<\/p>\n<p>O informe completo, as\u00ed como os relativos a cada Comunidade Aut\u00f3noma, est\u00e1n dispo\u00f1ibles <a href=\"https:\/\/periodismo2030.com\/\" target=\"_blank\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O foro Periodismo 2030 e a Fundaci\u00f3n AXA publicaron un informe no que se recollen os resultados dunha sondaxe de opini\u00f3n sobre o xornalismo en Espa\u00f1a. Esta sondaxe, executada por&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-657","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-formacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/657"}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=657"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/657\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":660,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/657\/revisions\/660"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=657"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=657"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=657"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}