{"id":462,"date":"2020-11-12T16:41:36","date_gmt":"2020-11-12T16:41:36","guid":{"rendered":"http:\/\/novosmedios.gal\/lainnoteca\/?p=462"},"modified":"2020-11-12T17:05:33","modified_gmt":"2020-11-12T17:05:33","slug":"medios-servizo-publico-confinamento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/2020\/11\/medios-servizo-publico-confinamento\/","title":{"rendered":"Os medios de servizo p\u00fablico no confinamento: informaci\u00f3n, educaci\u00f3n e apoio ao sector"},"content":{"rendered":"<p>A Uni\u00f3n Europea de Radiodifusi\u00f3n (<a href=\"https:\/\/www.ebu.ch\/home\">EBU<\/a>) fai balance do comportamento dos medios de servizo p\u00fablico europeos durante o confinamento que afectou ao conxunto da Uni\u00f3n Europea a primavera de 2020 no reporte \u2018<a href=\"https:\/\/www.ebu.ch\/publications\/covid-19-report\">Covid-19. Public Service Media: Supporting Society through coronavirus<\/a>\u2019.<\/p>\n<p>Pese ao contexto de crise, produciuse un fortalecemento da misi\u00f3n de servizo p\u00fablico a trav\u00e9s da proposta, a creatividade e a innovaci\u00f3n. Os obxectivos eran garantir a calidade informativa e loitar contra as <em>fake news<\/em>, soster o sector cultural e audiovisual e contribu\u00edr ao \u00e1mbito educativo.<\/p>\n<p>No que atinxe ao plano informativo, o n\u00famero de novas ofrecidas polos medios de servizo p\u00fablico medrou un 22 por cento en marzo con respecto ao mes anterior. O consumo dos telediarios nocturnos multiplicouse por 2,5 nos d\u00edas pico da crise. Ademais, o reporte exp\u00f3n os bos resultados do servizo <a href=\"https:\/\/www.bbc.com\/news\/reality_check\">Reality Check<\/a> da BBC e a unidade da RAI italiana na loita contra as noticias falsas.<\/p>\n<p>Os membros da Uni\u00f3n Europea de Radiodifusi\u00f3n incrementaron a credibilidade das s\u00faas marcas informativas ata situarse nas m\u00e1is confiables no 65% dos mercados medi\u00e1ticos. Os servizos de informaci\u00f3n p\u00fablicos foron a segunda fonte m\u00e1is fidedigna logo das propias comunicaci\u00f3ns dos gobernos. Destaca o caso alem\u00e1n da ARD e a ZDF, cuxas coberturas foron calificadas como as m\u00e1is veraces. No plano dixital, o alcance diario multiplicouse por 2,6 en marzo.<\/p>\n<p>Nun ano diferente a todos os demais, as corporaci\u00f3ns actuaron con axilidade para reorganizar as s\u00faas redacci\u00f3ns e produci\u00f3ns nun escenario marcado polas cancelaci\u00f3ns de eventos deportivos e culturais. No que se refire \u00e1 cultura, a TVP polaca ofreceu visitas virtuais a museos e a radio p\u00fablica de Bulgaria un programa de concertos v\u00eda streaming, entre outras acci\u00f3ns. No \u00e1mbito deportivo, cabe referenciar a cobertura do Tour de Su\u00edza virtual. As\u00ed mesmo, membros da EBU, como a ZDF alem\u00e1, ofrecereon apoio a produtora sat\u00e9lite con axudas econ\u00f3micas<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, o peche das escolas conduciu aos medios de servizo p\u00fablico a involucrarse na educaci\u00f3n dos menores por medio de soluci\u00f3ns innovadoras e imaxinativas. Neste \u00e1mbito, o reporte destaca os exemlos de <a href=\"https:\/\/www.rte.ie\/learn\/home-school-hub\/\">Home School Hub<\/a> da RT\u00c9 irlandesa e <a href=\"https:\/\/www.lumni.fr\/\">France T\u00e9l\u00e9visions\u2019 Lumni<\/a>, en Francia. En relaci\u00f3n \u00e1s audiencias, os medios de servizo p\u00fablico chegaron ao 57 por cento dos menores europeos no mes de marzo, cun incremento de visionado diario en 19 minutos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Uni\u00f3n Europea de Radiodifusi\u00f3n (EBU) fai balance do comportamento dos medios de servizo p\u00fablico europeos durante o confinamento que afectou ao conxunto da Uni\u00f3n Europea a primavera de 2020&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[30,47],"tags":[],"class_list":["post-462","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-investigacion","category-medios-de-servicio-publico"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/462"}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=462"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/462\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":463,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/462\/revisions\/463"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=462"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=462"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/innoteca\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=462"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}