QUE FACEMOS

Emerxentes
Analizamos e desenvolvemos estratexias, retóricas e formatos tecnolóxicos para mercados emerxentes na comunicación como a divulgación científica.

Políticas
Contribuímos a coñecer a evolución das políticas públicas en relación ao sector da comunicación e introducimos suxestións e análises para a toma de decisión destas.

Industria
Analizamos as industrias culturais, cooperamos na implementación de novas culturas dixitais nas empresas e entidades.

Innovación
Traballamos en ámbitos punteiros da relación entre a tecnoloxía e a comunicación: desde a arquitectura da información ata a creación de formatos narrativos innovadores para a comunicación interactiva.

Solvencia
Somos un grupo de investigación con máis de quince anos de traxectoria no sector da comunicación e das TIC, traballando en investigación pura ou aplicándoa con empresas e o terceiro sector.