{"id":5128,"date":"2026-09-01T00:00:19","date_gmt":"2026-08-31T22:00:19","guid":{"rendered":"https:\/\/novosmedios.gal\/?p=5128"},"modified":"2026-08-31T11:18:25","modified_gmt":"2026-08-31T09:18:25","slug":"xose-pereira-farina-novo-coordinador-novos-medios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/2026\/09\/01\/xose-pereira-farina-novo-coordinador-novos-medios\/","title":{"rendered":"Xos\u00e9 Pereira Fari\u00f1a, elixido novo coordinador do grupo de investigaci\u00f3n Novos Medios"},"content":{"rendered":"\n<h4 class=\"wp-block-heading\"><em>O profesor do departamento de CC. da Comunicaci\u00f3n releva a Xos\u00e9 L\u00f3pez \u00e1 fronte do equipo tras recibir o apoio un\u00e1nime dos integrantes que participaron na votaci\u00f3n<\/em><\/h4>\n\n\n\n<p>O profesor Xos\u00e9 Pereira Fari\u00f1a foi elixido novo coordinador do grupo de investigaci\u00f3n Novos Medios, posto no que substit\u00fae o profesor Xos\u00e9 L\u00f3pez. A elecci\u00f3n produciuse co apoio un\u00e1nime de todos os integrantes do grupo que participaron na votaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Pereira Fari\u00f1a, na actualidade profesor titular de Comunicaci\u00f3n Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, mant\u00e9n unha vinculaci\u00f3n con Novos Medios desde os seus inicios como bolseiro de investigaci\u00f3n, un percorrido que o leva agora a asumir a coordinaci\u00f3n do equipo.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa traxectoria investigadora desenvolveuse sempre arredor do xornalismo concibido para as plataformas dixitais. Nunha primeira etapa (1999-2004), o obxecto fundamental de estudo foi a produci\u00f3n informativa, cunha atenci\u00f3n particular \u00e1s narrativas e \u00e1s estruturas de construci\u00f3n do relato xornal\u00edstico nos proxectos dixitais, daquela reducidos case exclusivamente aos chamados portais web. Nesa fase participou en dous proxectos de investigaci\u00f3n e asinou como coautor m\u00e1is dunha vintena de publicaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre 2004 e 2010 o foco desprazouse cara aos modelos de recepci\u00f3n, nun per\u00edodo que coincidiu coa emerxencia das redes sociais. Foi ent\u00f3n cando Novos Medios abriu d\u00faas novas li\u00f1as de traballo: a vinculada ao paradigma de usos e gratificaci\u00f3ns e a relativa \u00e1 xesti\u00f3n dos datos achegados polos usuarios a trav\u00e9s da experiencia de consumo informativo e de entretemento. Ao longo desa d\u00e9cada formou parte do equipo investigador de dous proxectos e participou na autor\u00eda dunha ducia de publicaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>A terceira etapa da s\u00faa traxectoria estivo marcada por unha dedicaci\u00f3n intensa \u00e1 xesti\u00f3n universitaria \u2014con responsabilidades como decano e como vicerreitor\u2014, mentres que no plano investigador a atenci\u00f3n se centrou na xesti\u00f3n da informaci\u00f3n e dos datos, con publicaci\u00f3ns arredor do uso de ferramentas por parte dos xornalistas, da arquitectura da informaci\u00f3n e da construci\u00f3n de modelos de Big Data de interese para a profesi\u00f3n e para a empresa xornal\u00edstica.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre 2017 e 2025 desenvolveu a s\u00faa actividade principal f\u00f3ra da universidade, como responsable de Innovaci\u00f3n da Corporaci\u00f3n Radio e Televisi\u00f3n de Galicia (CRTVG\/CSAG), onde dirixiu o proceso de transformaci\u00f3n dixital das canles da entidade, con especial incidencia na creaci\u00f3n da plataforma Agalega.gal e na comunicaci\u00f3n a trav\u00e9s das redes sociais. Tam\u00e9n foi o responsable da an\u00e1lise das audiencias da Corporaci\u00f3n e da comercializaci\u00f3n dos espazos publicitarios dos medios p\u00fablicos galegos.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde agosto de 2025 retomou a actividade acad\u00e9mica na USC. A s\u00faa li\u00f1a de investigaci\u00f3n actual c\u00e9ntrase na alfabetizaci\u00f3n medi\u00e1tica, entendida como a competencia necesaria para que a cidadan\u00eda interprete, aval\u00ede e produza informaci\u00f3n de xeito cr\u00edtico nun ecosistema dixital cada vez m\u00e1is complexo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O profesor do departamento de CC. da Comunicaci\u00f3n releva a Xos\u00e9 L\u00f3pez \u00e1 fronte do equipo tras recibir o apoio un\u00e1nime dos integrantes que participaron na votaci\u00f3n O profesor Xos\u00e9 Pereira Fari\u00f1a foi elixido novo coordinador do grupo de investigaci\u00f3n Novos Medios, posto no que substit\u00fae o profesor Xos\u00e9 L\u00f3pez. A elecci\u00f3n produciuse co apoio &#8230; <a title=\"Xos\u00e9 Pereira Fari\u00f1a, elixido novo coordinador do grupo de investigaci\u00f3n Novos Medios\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/2026\/09\/01\/xose-pereira-farina-novo-coordinador-novos-medios\/\" aria-label=\"Leer m\u00e1s sobre Xos\u00e9 Pereira Fari\u00f1a, elixido novo coordinador do grupo de investigaci\u00f3n Novos Medios\">Leer m\u00e1s<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[9],"tags":[],"class_list":["post-5128","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-novidades-do-grupo"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.0","language":"es","enabled_languages":["gl","es","en"],"languages":{"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"es":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5128","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5128"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5128\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5130,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5128\/revisions\/5130"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5128"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5128"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5128"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}