{"id":210,"date":"2008-11-28T12:51:30","date_gmt":"2008-11-28T10:51:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.novosmedios.gal\/index.php\/2008\/11\/28\/a-converxencia-concepto-esquivo-e-en-constante-evolucion-ecrea-i\/"},"modified":"2008-11-28T13:29:00","modified_gmt":"2008-11-28T11:29:00","slug":"a-converxencia-concepto-esquivo-e-en-constante-evolucion-ecrea-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/2008\/11\/28\/a-converxencia-concepto-esquivo-e-en-constante-evolucion-ecrea-i\/","title":{"rendered":"A converxencia, concepto esquivo e en constante evoluci\u00f3n (ECREA I)"},"content":{"rendered":"<p>Durante os d\u00edas 26, 27 e 28 deste mes de novembro est\u00e1 a celebrarse en Barcelona a 2\u00aa Conferencia Europea de Comunicaci\u00f3n (ECREA), \u00e1 que asistimos varios membros do grupo Novos Medios. Sen d\u00fabida, no primeiro d\u00eda, unha das mesas de comunicaci\u00f3n m\u00e1is interesantes foi a que tratou o fen\u00f3meno da converxencia en Europa.<\/p>\n<p>En ECREA todo vai moi de pr\u00e9sa. As intervenci\u00f3ns dos conferenciantes suc\u00e9dense unha tras outra a un ritmo vertixinoso onde centos de conceptos e proxectos de investigaci\u00f3n loitan por ser o m\u00e1is comentado nas pausas para o caf\u00e9 e o m\u00e1is recordado e citado polos investigadores en comunicaci\u00f3n unha vez que o congreso remate e cada un volva \u00e1 s\u00faa rutina de traballo diaria.<br \/>\nDe todo o visto ata o momento (escasa mostra, dado que as sesi\u00f3ns paralelas non permiten asistir a todas aquelas que os asistentes desexariamos), unha das que con maior intensidade invitou a reflexionar e que, sen d\u00fabida, creo que \u00e9 un dos grandes eixos sobre os que xiran moitos \u00e1mbitos \u2013cultural, econ\u00f3mico, social e tam\u00e9n o da comunicaci\u00f3n- da Sociedade da Informaci\u00f3n e a Comunicaci\u00f3n na actualidade \u00e9 a converxencia. <\/p>\n<p>Da man de Ram\u00f3n Salaverr\u00eda e Jos\u00e9 Alberto Garc\u00eda Avil\u00e9s, condutores da sesi\u00f3n Media Convergence in Europe. Theorical and Practical Approaches to an Emerging Media Phenomenon, Cecilia Teljas, Jaume Masdeu, Klaus Meier e Konstantinos Saltzis tentaron operativizar un concepto en constante redefinici\u00f3n e cambio como \u00e9 o da converxencia no \u00e1mbito da industria da comunicaci\u00f3n. O obxectivo principal da mesa de exposici\u00f3n e posterior debate era operativizar un concepto coma o da convexencia que tanto est\u00e1 a deixar patente a s\u00faa pegada nas redacci\u00f3ns dos medios e nas propias estruturas medi\u00e1ticas.<br \/>\nRam\u00f3n Salaverr\u00eda expuxo na s\u00faa intervenci\u00f3n o concepto de converxencia derivado do proxecto de investigaci\u00f3n conxunto que lidera, financiado polo Ministerio de Educaci\u00f3n e Ciencia e no que participa o grupo Novos Medios. Para Ram\u00f3n, a converxencia fai referencia \u00e1s principais \u00e1reas dos medios de comunicaci\u00f3n. As\u00ed, a esfera empresarial, a tecnol\u00f3xica, a profesional e a comunicativa experimentan o fen\u00f3meno da converxencia de xeito totalizador. Ademais, Salaverr\u00eda aportou unha vasta literatura cient\u00edfica sobre este termo, fen\u00f3meno esquencido nos estudios acad\u00e9micos durante anos e que leva uns anos sendo actualidade.<br \/>\nUnha vez que Salaverr\u00eda expuxo a s\u00faa idea de converxencia, Teljas, Masdeu, Meier e Saltzis mostr\u00e1ronlle aos asistentes moitas das perspectivas e casos dende os que se aborda este concepto. As\u00ed, Cecilia Teljas centrouse na converxencia en relaci\u00f3n coa audiencia en referencia aos servizos dos medios dixitais. Teljas afirmou que o medio representativo dos grupos de medios son os xornais impresos e que son estes os que deber\u00e1n definir a natureza dos servizos ofrecidos polo grupo, incluso aqueles que son obxecto deste estudo e que se atopan na rede.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Klaus Meier tam\u00e9n expuxo a situaci\u00f3n dos procesos de converxencia en Alema\u00f1a, onde a s\u00faa principal caracter\u00edstica \u00e9 a concentraci\u00f3n de esforzos na integraci\u00f3n das estruturas tradicionais nas plataformas ditixais, nun pa\u00eds onde, como asegurou, os proceos e estruturas son r\u00edxidos. Neste senso, Meier rematou a s\u00faa intervenci\u00f3n afirmando que o concepto de converxencia se d\u00e1 en relaci\u00f3n a varios par\u00e1metros e que pode ser definido con respecto a eles e aos procesos que neses \u00e1mbitos se dan, na li\u00f1a do que Ram\u00f3n Salaverr\u00eda afirmara na primeira intervenci\u00f3n da mesa de conferenciantes.<\/p>\n<p>Konstantinos Saltzis rematou as intervenci\u00f3ns da mesa tem\u00e1tica po\u00f1endo sobre a mesa os cambios nas rutinas diarias aos que se ten que enfrentar o xornalista. O profesional, acostumado a unha labor monomedia, ve como a nova e complexa situaci\u00f3n de converxencia fai que var\u00eden as s\u00faas rutinas e deba contar cun maior dominio das novas tecnolox\u00edas e todas as condici\u00f3ns que estas requiren para optimizar o seu uso. Pero, o m\u00e1is importante para Saltzis \u00e9, sen d\u00fabida, que consigan elaborar produtos de calidade tendo en conta que se atopan inmersos no cambio de rutinas marcados pola adaptaci\u00f3n a novas linguaxes narrativas dependendo de para que medio de comnicaci\u00f3n do grupo ao que petenzan estean producindo en cada momento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durante os d\u00edas 26, 27 e 28 deste mes de novembro est\u00e1 a celebrarse en Barcelona a 2\u00aa Conferencia Europea de Comunicaci\u00f3n (ECREA), \u00e1 que asistimos varios membros do grupo Novos Medios. Sen d\u00fabida, no primeiro d\u00eda, unha das mesas de comunicaci\u00f3n m\u00e1is interesantes foi a que tratou o fen\u00f3meno da converxencia en Europa. En &#8230; <a title=\"A converxencia, concepto esquivo e en constante evoluci\u00f3n (ECREA I)\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/2008\/11\/28\/a-converxencia-concepto-esquivo-e-en-constante-evolucion-ecrea-i\/\" aria-label=\"Leer m\u00e1s sobre A converxencia, concepto esquivo e en constante evoluci\u00f3n (ECREA I)\">Leer m\u00e1s<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[4],"tags":[],"class_list":["post-210","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-congresos-e-eventos"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.0","language":"es","enabled_languages":["gl","es","en"],"languages":{"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"es":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/210","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=210"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/210\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=210"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=210"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=210"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}