{"id":140,"date":"2007-11-16T13:35:18","date_gmt":"2007-11-16T11:35:18","guid":{"rendered":"http:\/\/www.novosmedios.gal\/index.php\/2007\/11\/16\/os-medios-impresos-non-van-desaparecer-palabra-de-rick-edmonds\/"},"modified":"2007-11-16T13:39:40","modified_gmt":"2007-11-16T11:39:40","slug":"os-medios-impresos-non-van-desaparecer-palabra-de-rick-edmonds","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/2007\/11\/16\/os-medios-impresos-non-van-desaparecer-palabra-de-rick-edmonds\/","title":{"rendered":"&#8220;Os medios impresos non van desaparecer&#8221;, palabra de Rick Edmonds"},"content":{"rendered":"<p><em>Esta foi unha das moitas e\u00a0interesant\u00edsimas\u00a0consideraci\u00f3ns que fixo o analista estadounidense\u00a0Rick Edmonds na conferencia\u00a0organizada por La Voz de Galicia<\/em>\u00a0<\/p>\n<p>Rick Edmonds, un dos gur\u00fas que traballa no Poynter Institute, estivo esta semana de visita en Galicia e, concretamente, ofreceu unha conferencia no Museo da Prensa da Voz de Galicia baixo o t\u00edtulo &#8216;Os News Media: as grandes transformacios e os grandes retos&#8217;. Sen d\u00fabida foi unha ocasi\u00f3n \u00fanica para co\u00f1ecer de primeira man a opini\u00f3n dunha das voces m\u00e1is contrastadas e autorizadas sobre o tema.<\/p>\n<p>A posible desaparici\u00f3n dos medios impresos tal e como hoxe os co\u00f1ecemos, o grado de culpabilidade que se lles imp\u00f3n no asunto aos medios dixitais, o papel que xoga a publicidade no asunto e o panorma xeral nos Estados Unidos foron os temas que centraron o encontro.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><strong><span lang=\"GL\">Notas sobre a conferencia:<em> State of the USA New Media<\/em><\/span><\/strong><\/p>\n<p><strong><span lang=\"GL\"><em><br \/>\n<\/em><\/span><\/strong><strong><span lang=\"GL\">Rick Edmonds<\/span><\/strong><span lang=\"GL\"> (investigador e\u00a0analista no Poynter Institute sobre xornalismo e empresa medi\u00e1tica. \u00c9 co-autor do informe <em>News Media 2006<\/em>).<\/span><\/p>\n<p><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">Rick Edmonds expuxo, durante unha hora e media, as claves da situaci\u00f3n actual, pasado m\u00e1is pr\u00f3ximo e futuro inminente dos medios estadounidenses. O investigador do Poynter Institute trazou as li\u00f1as b\u00e1sicas de actuaci\u00f3n que rexen os esquemas e din\u00e1micas diarias dos xornais nos Estados Unidos.<\/span><\/span><span lang=\"GL\"> <\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<strong><span lang=\"GL\">O panorama nos Estados Unidos de Norteam\u00e9rica<br \/>\n<\/span><\/strong><span lang=\"GL\">O primeiro paso foi\u00a0 debuxar un presente dos xornais impresos e <em>on-line<\/em>. Edmonds pintou un panorama pouco alentador para os medios impresos, cunha perda media do 5% de ganancias no \u00faltimo ano, cun 3% menos de ciruculaci\u00f3n e cunha tendencia \u00e1 baixa no volume de ingresos por publicidade tradicional (entre o 5% e o 10% menos no ano 2007). A cotizaci\u00f3n na bolsa dos medios impresos nos Estados Unidos caeu entre un 40% e un 50% no \u00faltimo ano (como foi o caso do New York Times, que perdeu un 50% do seu valor), o que supuxo grandes perdas para uns medios que tratan de reducir custos fixos (principalmente na etapa da distribuci\u00f3n) a marchas forzadas.\u00a0 As medidas adoptadas polos xornais estadounidenses res\u00famense en tres v\u00edas de actuaci\u00f3n inmediatas:<\/span><\/span><\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">Reducir o espazo f\u00edsico do xornal: para abaratar\u00a0 custos fixos moitos dos medios impresos optaron como primeira medida por reducir o tama\u00f1o das s\u00faas p\u00e1xinas para aforrar en papel (como consecuencia reduciuse o espazo dedicado \u00e1s noticias).<\/span><\/span><span lang=\"GL\"> <\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">Reduciron o persoal de redacci\u00f3n: varios xornais de Dallas, Philadelphia e San Francisco reduciron ata nun 40% os seus recursos humanos. Esta medida, como afirma Rick Edmonds, trazou unha perigosa li\u00f1a de canibalizaci\u00f3n da profesi\u00f3n nos Estados Unidos, enchendo as redacci\u00f3ns de xornalistas \u00e1vidos de historias sorprendentes e rechamantes que contar, sen reparar moitas veces na carga de realidade que carrexan.<br \/>\n<\/span><span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">Nos Estados Unidos mante\u00f1en prezos baixos e son reticentes a subir o prezo das s\u00faas portadas ante a posibilidade dunha perda masiva de lectores (o New York Times custa 1.25$ e o USA TODAY 0.75$).<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><\/span><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><strong><span lang=\"GL\">Son culpables os medios dixitais?<br \/>\n<\/span><\/strong><span lang=\"GL\">Pero, p\u00f3dese buscar alg\u00fan culpable para xustificar esta evoluci\u00f3n tan negativa dos medios impresos? Segundo Edmonds non s\u00f3 se busca, sen\u00f3n que de antem\u00e1n se sinala co dedo aos medios dixitais e \u00e1 rede de redes, pero non \u00e9 a causa de t\u00f3dolos males que afectan \u00e1 prensa impresa. Os medios dixitais infl\u00faen en boa medida nas tendencias que afectan aos medios impresos:<\/span><\/span><span lang=\"GL\"> <\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">A xente nova non merca os xornais, sen\u00f3n que os le directamente na pantalla (coincidindo, coas mesmas palabras, Edmonds con Arsenio Escolar, director do xornal gratu\u00edto 20minutos, que falaba a semana pasada na nosa facultade do feito de que os rapaces acoden directamente \u00e1 pantalla para informarse e non len as versi\u00f3ns en papel, a\u00ednda que sexan gratu\u00edtas, como \u00e9 o caso do medio que dirixe).<\/span><\/span><\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">O desembarco masivo dos medios de referencia en Internet fixo que as vendas semanais diminu\u00edran da versi\u00f3n en papel. Agora, moita xente que mercaba o xornal 6 d\u00edas \u00e1 semana agora tan s\u00f3 o fai 2 ou 3 e o resto consulta as novas a trav\u00e9s de Internet. Isto \u00e9 posible, en grande medida, grazas ao esforzo que est\u00e1n a facer os xornais impresos en norteam\u00e9rica por ter unhas versi\u00f3ns <em>on-line<\/em> actualizadas e con m\u00faltiples recursos, empregando a multimedialidade en todo o seu esplendor e facendo do seu portal web unha fonte de primeira man para os usuarios de Internet. Ademais tam\u00e9n infl\u00fae que nos Estados Unidos o 70% dos fogares contan cun servizo de banda ancha (en Corea do Sur a porcentaxe \u00e9 a\u00ednda maior, chegando a un 90% dos fogares equipados con acceso a redes de alta velocidade), no 85% das casas hai un ordenador e tam\u00e9n contan con banda ancha o 95% dos postos aos que os traballadores estadounidenses acoden a diario para desenvolver a s\u00faa labor profesional. Este feito fai que a relaci\u00f3n entre a banda ancha e o xornalismo impreso sexa conceptualmente inversa xa que a maior acceso a banda ancha da poboaci\u00f3n, m\u00e1is dif\u00edcil o te\u00f1en os xornais impresos para poder vender exemplares.<\/span><\/span><span lang=\"GL\"> <\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\">Por outra banda, hai outros factores que est\u00e1n a afectar ao papel tradicional dos medios impresos e \u00e1 s\u00faa circulaci\u00f3n e distribuci\u00f3n: <strong>os lectores de bar<\/strong> (aquelas persoas que aproveitan a visita ao bar para tomar o caf\u00e9 de media ma\u00f1\u00e1 para ler o xornal), <strong>as suscripci\u00f3ns<\/strong> ( nos Estados Unidos a canle de distribuci\u00f3n por antonomasia son as suscripci\u00f3ns; na cultura norteamericana os xornais chegan \u00e1 porta da casa; por\u00e9n, nos \u00faltimos tempos esta canle est\u00e1 a verse afectada gravemente por medidas coma a creaci\u00f3n de servizos que permiten aos cidad\u00e1ns non recibir chamadas comerciais contra a s\u00faa vontade, polo que os xornais que buscan novos suscriptores te\u00f1en que realizar un esforzo moito maior para aumentar as s\u00faas ventas por esta v\u00eda) <strong>e os gratu\u00edtos<\/strong> (te\u00f1en un peso relativo moito menor ca en Europa pero tam\u00e9n est\u00e1n a influ\u00edr na prensa de pago).<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><\/span><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\">Pero, onde est\u00e1n as claves para entender a relaci\u00f3n entre os medios impresos e os dixitais en termos econ\u00f3micos? Nos custos fixos e na publicidade. Dos custos fixos, aqueles que afogan aos medios impresos e os obrigan (recordemos) a reducir gasto de papel e recursos humanos, os medios dixitais non oen nin falar debido a que non saben o que custa o papel, nin a impresi\u00f3n, nin a distribuci\u00f3n. Por\u00e9n, no \u00e1mbito publicitario medi\u00e1tico estanse a dar situaci\u00f3ns cando menos complexas. Por unha banda \u00e9 claro o papel clave que xogan os ingresos publicitarios para os medios impresos (en Estados Unidos chegan a un 80%, mentres que en Europa calc\u00falanse en torno a un 50%), pero tam\u00e9n \u00e9 patente a baixada de inversi\u00f3n en publicidade nos medios impresos que se est\u00e1 a experimentar . Mentres, nos medios dixitais, os ingresos por publicidade mante\u00f1en unha evoluci\u00f3n \u00e1 alza (a\u00ednda que este ano esta situaci\u00f3n trucouse por unha ca\u00edda dun 20% nos ingresos por publicidade nos medios dixitais; por\u00e9n, os expertos afirman que a tendencia a que os ingresos por publicidade nos medios <em>on-line<\/em> siga medrando nos pr\u00f3ximos anos). Rick Edmonds fai unha previsi\u00f3n que califica de aventurada: non ser\u00e1 ata o ano 2017, segundo os seus c\u00e1lculos baseados en estudos previos, cando os ingresos por publicidade dos medios dixitais igualen o seu rango cos ingresos por publicidade dos medios impresos, xa que hoxe en d\u00eda, os ingresos por este concepto na versi\u00f3n dixital dun medio supo\u00f1en o 10% sobre os ingresos totais publicitarios do medio.<\/span><\/span><span lang=\"GL\"> <\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<strong><span lang=\"GL\">Os medios impresos non morrer\u00e1n<br \/>\n<\/span><\/strong><span lang=\"GL\">O resultado desta situaci\u00f3n \u00e9 o seguinte: os medios impresos afogan ante a baixada que experimenta a s\u00faa circulaci\u00f3n e os seus ingresos por publicidade (o que Philip Meyer califica como \u201cexpiral mortal para os medios\u201d), mentres que os medios <em>on-line<\/em> v\u00e9n como os seus ingresos por concepto de publicidade soben e non padecen custos fixos ante os que claudicar, com\u00e9ndolle terreo nas ganancias \u00e1 prensa tradicional. Por\u00e9n, e a\u00ednda que el mesmo pinta un panorama escuro, Rick Edmonds nega rotundamente a posibilidade de que os medios impresos vaian desaparecer nun futuro a medio prazo, nin tan sequera a longo prazo. O experto norteamericano preg\u00fantase se unha industria que no seu pa\u00eds ten 120 mill\u00f3ns de lectores, 57.000 profesionais traballando a diario a xornada completa, conta con 50 mill\u00f3ns de persoas que mercan xornais a diario e xera 50 bill\u00f3ns de d\u00f3lares por ingresos publicitarios pode dicirse que est\u00e1 en crise. Estas son as fortalezas dunha industria, a dos medios impresos que lonxe de estar preto do seu finamento mantense, con dificultades, iso si, en primeira li\u00f1a.<br \/>\n<\/span><span lang=\"GL\">Rick Edmonds fala dunha nova estratexia que est\u00e1n a adoptar os medios impresos nos EUA para seguir na loita medi\u00e1tica en postos de cabeza, que se centra nos seguintes puntos:<\/span><\/span><\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">En primeiro lugar, como medios impresos, deben fortalecer a s\u00faa versi\u00f3n en papel enfatizando e pondo en valor aquela\/as caracter\u00edstica\/as que o diferencian dos demais medios e o fan importante, no sentido individualizador do termo.<\/span><\/span><span lang=\"GL\"> <\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">Nos Estados Unidos, os xornais impresos optan por reforzar as publicaci\u00f3ns especializadas (en \u00e1mbitos coma a moda, a ciencia, as viaxes\u2026), entre as que destacan pola importancia que est\u00e1n a cobrar as publicaci\u00f3ns rexionais, unhas das m\u00e1is rentables e que m\u00e1is activos publicitarios atraen.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><\/span><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">Idear negocios non tradicionais, innovadores, que conleven un aumento de ingresos sen afectar aos custos fixos en grande medida.<\/span><\/span><span lang=\"GL\"> <\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">Por outra banda, os medios impresos deben desenvolver as s\u00faas p\u00e1xinas web e facer dos seus portais un lugar de titulares, onde se informen os usuarios. Deben rexuvenecerse e fortalecer a s\u00faa edici\u00f3n en Internet, diminu\u00edndo custos fixos e de distribuci\u00f3n, o que far\u00e1n subir as ganancias.<\/span><\/span><\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">Deben ofrecer portais web ben estruturados informativamente, empregando todas aquelas ferramentas multimedia e interactivas das que se poida botar man para darlle \u00e1 realidade o <em>plus<\/em> de valor necesario para atraer ao consumidor de medios.<\/span><\/span><span lang=\"GL\"> <\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">Unha vez establecidos os titulares nos portais web, os medios impresos deben ofrecer ao d\u00eda seguinte algo diferente nas s\u00faas p\u00e1xinas, unha profundidade e puntos de vista que marquen a diferenza e fidelicen aos usuarios da web.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p><\/span><span lang=\"GL\"><br \/>\n<span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\" \/><span lang=\"GL\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><span lang=\"GL\">Maximizar o tr\u00e1fico que chega ao portal a trav\u00e9s dos buscadores, xa que son estes a porta de entrada na gran maior\u00eda dos casos que os lectores empregan para chegar \u00e1s informaci\u00f3n publicadas na rede. Neste punto conv\u00e9n falar da porta traseira que supo\u00f1en os buscadores para os medios dixitais, xa que \u00e9 comparativamente moi baixa a porcentaxe de usuarios que accede \u00e1s noticias a trav\u00e9s da portada fronte a aquela porcentaxe de internautas que chegan ao sitio web a trav\u00e9s de buscas concretas en servizos coma o de Google ou Yahoo, polo que son estes os que acaparan os valores publicitarios e non os xornais.<\/span><\/span><span lang=\"GL\"> <\/span><span lang=\"GL\"><span lang=\"GL\"><br \/>\n<\/span><span lang=\"GL\">Temos, ent\u00f3n, un panorama cuberto por medios impresos enfermos, pero non terminais, e medios <em>on-line<\/em> que a\u00ednda te\u00f1en que madurar e establecer modelos de negocio m\u00e1is consolidados. Segundo Rick Edmonds , faise necesaria unha evoluci\u00f3n cara unha natureza complementaria por \u00e1mbalas d\u00faas partes para que a soste\u00f1ibilidade e prosperidade estea asegurada.<br \/>\n<\/span>\u00a0<\/span><span lang=\"GL\">\u00a0<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" title=\"More...\" height=\"10\" alt=\"More...\" src=\"http:\/\/www.novosmedios.gal\/wp-includes\/js\/tinymce\/themes\/advanced\/images\/spacer.gif\" width=\"754\" name=\"mce_plugin_wordpress_more\" \/><\/p>\n<p><\/span>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta foi unha das moitas e\u00a0interesant\u00edsimas\u00a0consideraci\u00f3ns que fixo o analista estadounidense\u00a0Rick Edmonds na conferencia\u00a0organizada por La Voz de Galicia\u00a0 Rick Edmonds, un dos gur\u00fas que traballa no Poynter Institute, estivo esta semana de visita en Galicia e, concretamente, ofreceu unha conferencia no Museo da Prensa da Voz de Galicia baixo o t\u00edtulo &#8216;Os News Media: &#8230; <a title=\"&#8220;Os medios impresos non van desaparecer&#8221;, palabra de Rick Edmonds\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/2007\/11\/16\/os-medios-impresos-non-van-desaparecer-palabra-de-rick-edmonds\/\" aria-label=\"Read more about &#8220;Os medios impresos non van desaparecer&#8221;, palabra de Rick Edmonds\">Read more<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[4,8],"tags":[],"class_list":["post-140","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-congresos-e-eventos","category-profesionais"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.0","language":"en","enabled_languages":["gl","es","en"],"languages":{"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"es":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/140","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=140"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/140\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=140"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=140"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=140"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}