{"id":116,"date":"2007-10-01T18:04:33","date_gmt":"2007-10-01T16:04:33","guid":{"rendered":"http:\/\/www.novosmedios.gal\/index.php\/2007\/10\/01\/portugal-e-espana-diverxen-na-tdt\/"},"modified":"2007-10-01T18:08:29","modified_gmt":"2007-10-01T16:08:29","slug":"portugal-e-espana-diverxen-na-tdt","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/2007\/10\/01\/portugal-e-espana-diverxen-na-tdt\/","title":{"rendered":"Portugal e Espa\u00f1a diverxen na TDT"},"content":{"rendered":"<p>A transici\u00f3n cara a televisi\u00f3n dixital terrestre est\u00e1 en marcha xa en t\u00f3dolos pa\u00edses de Europa, tendo en conta a data imposta pola UE para producir o apag\u00f3n anal\u00f3xico definitivo no 2012. Os Pa\u00edses Baixos e Finlandia est\u00e1n emitindo xa en dixital para o cen por cen do seu territorio e en varias cidades de Alemania (Berl\u00edn, por exemplo) tam\u00e9n. No resto dos pa\u00edses, o Reino Unido segue sendo o m\u00e1is adiantado na transici\u00f3n dixital a\u00ednda que Italia, Espa\u00f1a e a maior\u00eda dos pa\u00edses n\u00f3rdicos cumpren as previsi\u00f3ns de desenvolvimento. Na pen\u00ednsula ib\u00e9rica, Espa\u00f1a e Portugal diverxen non s\u00f3 nas previsi\u00f3ns de transici\u00f3n sen\u00f3n tam\u00e9n nos modelos de desenvolvimento. Nos \u00faltimos d\u00edas do pasado mes de agosto, 29 e 31 respectivamente, Portugal puxo en marcha unha consulta p\u00fablica da Autoridade Nacional de Comunica\u00e7oes (ANACOM) e da Presidencia do Goberno para o concurso de adxudicaci\u00f3n das novas canles da TDT. O Goberno de Espa\u00f1a aprobou o 7 de setembro o Plan Nacional de Transici\u00f3n da Televisi\u00f3n Dixital Terrestre. <\/p>\n<p>Un artigo de Francisco Campos<br \/>\n<!--more--><\/p>\n<p>Portugal opta pola televisi\u00f3n dixital terrestre de pago, a trav\u00e9s dunha plataforma \u00fanica formada por cinco m\u00faltiples (dous de \u00e1mbito nacional e tres de car\u00e1cter transfronteirizo litoral, para evitar con estes \u00faltimos as interferencias con Espa\u00f1a). Reserva un s\u00f3 m\u00faltiples de catro canles para a emisi\u00f3n da televisi\u00f3n dixital terrestre gratu\u00edta, libre, \u00e9 dicir para a migraci\u00f3n das catro anal\u00f3xicas actualmente existentes (RTP 1 e 2, TVI e SIC). A TDT en Portugal, \u00f3 contrario de Espa\u00f1a, descarta a televisi\u00f3n dixital terrestre rexional e local. Esa alternativa dunha \u00fanica plataforma de TDT de pago con 20 canles, que pode ser adxudicada \u00f3 operador (\u201ccarrier\u201d) de transporte de sinal, que obrigar\u00e1 a distintos programadores a buscar alianzas e colaboraci\u00f3ns. F\u00e1lase xa de alianzas de competidores e rivais empresariais coma as de TVI (Media Capital-Prisa e SIC-Pinto Balsemao) con grandes operadores de telecomunicaci\u00f3ns locais e internacionais (Abertis, de Espa\u00f1a, entre eles). O sorprendente \u00e9 que os portugueses optasen pola TDT de pago, que \u00e9 un modelo que probaron antes sen ning\u00fan \u00e9xito outros pa\u00edses, entre eles Reino Unido, Espa\u00f1a e Suecia. <\/p>\n<p>Portugal, polo momento, non ten m\u00e1is prazo para o apag\u00f3n anal\u00f3xico que o marcado pola Uni\u00f3n Europea (2012). Espa\u00f1a, pola s\u00faa parte, ten aprobado por lei a data do 3 de abril de 2010 para o apag\u00f3n anal\u00f3xico total. Pero pretende adiantar m\u00e1is e levar a cabo apag\u00f3ns parciais en determinadas cidades, comarcas e territorios. O Goberno espa\u00f1ol aprobou hai uns d\u00edas, o 7 de setembro \u00faltimo, o Plan Nacional de Transici\u00f3n para Televisi\u00f3n Dixital Terrestre. Este Plan establece catro fases de cese das emisi\u00f3ns dixitais: a finais de 2008, no primeiro trimestre de 2009, no segundo semestre de 2009 e o 3 de abril de 2010. Para eso dividiron Espa\u00f1a en 73 \u00e1reas t\u00e9cnicas e 90 proxectos de transici\u00f3n dixital segundo a densidade de poboaci\u00f3n e as previsi\u00f3ns de prazos de cobertura. Para Galicia establ\u00e9ceronse seis proxectos de transici\u00f3n. Despois do estrepitoso fracaso de Quiero TV, Espa\u00f1a descartou a TDT de pago e a d\u00eda de hoxe non est\u00e1 legalmente prevista como modelo. <\/p>\n<p>O que a\u00ednda non desvelou o novo Plan da TDT nin o Goberno foi que pasar\u00e1 coa data establecida pola Lei de 2005 de Impulso da TDT con respecto \u00e1 televisi\u00f3n local. Esa lei establece que o d\u00eda 1 de xaneiro de 2008 (dentros duns meses) deber\u00e1n estar emitindo t\u00f3dalas televisi\u00f3ns locais dixitais adxudicadas en Espa\u00f1a polas Comunidades Aut\u00f3nomas e cesar\u00e1n todas aquelas outras anal\u00f3xicas que ocupan ese mesmo espectro de forma alegal ou ilegal. Sen embargo, o caos no \u00e1mbito do espectro da televisi\u00f3n local segue sendo unha caracter\u00edstica de Espa\u00f1a. A situaci\u00f3n neste aspecto, en resumo, \u00e9 a seguinte: Est\u00e1n adxudicadas un 60 por cen das licenzas previstas da TDT local; de elas s\u00f3 emiten en dixital menos do 40 por cento; e hai Comunidades Aut\u00f3nomas que a\u00ednda non definiron as s\u00faas previsi\u00f3ns nin convocaron os respectivos concursos. <\/p>\n<p>No \u00e1mbito da TDT estatal emiten actualmente 20 canles e hai espazo para outras doce m\u00e1is (24 de propiedade privada e 8 p\u00fablicas de RTVE) cando se consume o apag\u00f3n no 2010, \u00e9 dicir cando quede libre o espectro parcialmente ocupado polo anal\u00f3xico. A nivel auton\u00f3mico est\u00e1n reservados dous m\u00faltiples por Comunidade (\u00e9 dicir oito canles, catro por cada un, polo menos) e tres en Catalu\u00f1a (en total, doce canles). Hai trece Comunidades con televisi\u00f3n p\u00fablica que po\u00f1en en marcha as s\u00faas respectivas canles e once Autonom\u00edas que xa adxudicaron un total de 28 canles privadas, 20 delas controladas polos grupos medi\u00e1ticos Vocento (seis), Prisa e Cope, cinco cada unha e God\u00f3 (Vanguardia), catro. Os grandes grupos de Prensa, radio e que tam\u00e9n participan directa ou indirectamente na televisi\u00f3n estatal controlan a nova TDT privada auton\u00f3mica e local. Hai alg\u00fans outros novos grupos emerxentes, de capitais procedentes da construcci\u00f3n e a industria local, que aparecen tam\u00e9n vencellados \u00e1s distintas concesi\u00f3ns. <\/p>\n<p>A morfolox\u00eda empresarial da TDT comenza a ter cara propia pero da programaci\u00f3n e da nova oferta de contidos s\u00e1bese moito menos. Dominan na oferta as canles de emisi\u00f3n simult\u00e1nea, \u00e9 dicir as que xa existen en anal\u00f3xico, con \u201cspin off\u201d de alg\u00fans dos seus programas tem\u00e1ticos ou m\u00e1is exitosos, e repetici\u00f3ns ou reposici\u00f3ns dos respectivos arquivos hist\u00f3ricos. A\u00ednda que as preferencias das audiencias parecen apuntar \u00e1 tematizaci\u00f3n, que casa coa fragmentaci\u00f3n e a segmentaci\u00f3n das ofertas e consumos audiovisuais, non hai li\u00f1as definidas fortes de como ser\u00e1 a nova televisi\u00f3n dixital terrestre. Un tipo de oferta condicionado, sen d\u00fabida, polo seu modelo de negocio, que \u00e9 nin m\u00e1is nin menos \u2013polo momento- que o tradicional de sempre: a publicidade en m\u00faltiples p\u00edldoras e variedades. Das posibilidades de negocio dos servizos interactivos escoitase falar moito pero pouco ou case nada se ve nas novas pantallas nen se percibe para as contas de resultados. <\/p>\n<p>Cos prazos e datas por diante, a carreira da nova televisi\u00f3n dixital terrestre est\u00e1 servida. Moitas m\u00e1is canles (1.200 locais, 140 auton\u00f3micas e 32 estatais), moita competencia, moita publicidade e poucos cartos. Probablemente os mesmos contidos moito m\u00e1is repetidos e por moitas m\u00e1is canles. Moita repetici\u00f3n e redifusi\u00f3n, pouca variedade e calidade&#8230; Pero o futuro est\u00e1 por ver, nunca mellor dito. <\/p>\n<p>FRANCISCO CAMPOS<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A transici\u00f3n cara a televisi\u00f3n dixital terrestre est\u00e1 en marcha xa en t\u00f3dolos pa\u00edses de Europa, tendo en conta a data imposta pola UE para producir o apag\u00f3n anal\u00f3xico definitivo no 2012. Os Pa\u00edses Baixos e Finlandia est\u00e1n emitindo xa en dixital para o cen por cen do seu territorio e en varias cidades de &#8230; <a title=\"Portugal e Espa\u00f1a diverxen na TDT\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/2007\/10\/01\/portugal-e-espana-diverxen-na-tdt\/\" aria-label=\"Read more about Portugal e Espa\u00f1a diverxen na TDT\">Read more<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-116","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-industria-e-empresa"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.0","language":"en","enabled_languages":["gl","es","en"],"languages":{"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"es":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/116","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=116"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/116\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=116"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=116"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=116"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}