{"id":11,"date":"2007-02-26T19:57:10","date_gmt":"2007-02-26T17:57:10","guid":{"rendered":"http:\/\/www.novosmedios.gal\/blog\/index.php\/2007\/02\/26\/achegas-para-un-novo-modelo-de-television-publica\/"},"modified":"2007-02-26T20:01:37","modified_gmt":"2007-02-26T18:01:37","slug":"achegas-para-un-novo-modelo-de-television-publica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/2007\/02\/26\/achegas-para-un-novo-modelo-de-television-publica\/","title":{"rendered":"Achegas para un novo modelo de televisi\u00f3n p\u00fablica"},"content":{"rendered":"<p><strong>Radio y televisi\u00f3n en Espa\u00f1a. Historia de una asignatura pendiente de la democracia<\/strong><br \/>\n<em>Enrique Bustamante<\/em><br \/>\nGedisa, 2006. 285 p\u00e1xinas<\/p>\n<p>A celebraci\u00f3n no ano 2006 do cincuenta aniversario da chegada da televisi\u00f3n a Espa\u00f1a animou a elaboraci\u00f3n de varios estudos e a publicaci\u00f3n de libros nos que se analiza a traxectoria da televisi\u00f3n no Estado, desde a s\u00faa aparici\u00f3n en tempos da ditadura ata o momento actual, no que hai un intenso debate para buscar outro modelo m\u00e1is acorde cos tempos. Moitos deses libros s\u00f3 recollen an\u00e9cdotas, relatorios dos programas que fixeron historia e entrevistas cos seus protagonistas. Outros, os menos, analizan as estratexias da televisi\u00f3n nas s\u00faas distintas etapas, con referencias ao seu contexto hist\u00f3rico.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>O libro de Enrique Bustamante, un dos <sabios> nomeados polo Goberno de Jos\u00e9 Lu\u00eds Rodr\u00edguez Zapatero para elaborar un informe sobre o modelo de televisi\u00f3n, pertence a este \u00faltimo grupo. Tr\u00e1tase dun texto ben estruturado, escrito con claridade e que mostra o talento deste catedr\u00e1tico de Comunicaci\u00f3n Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid. Bustamente explica con intelixencia os pasos que foi dando o \u00fanico medio de comunicaci\u00f3n audiovisual que entraba nas casas da maior\u00eda dos habitantes do Estado espa\u00f1ol.<\/p>\n<p>O modelo de radio e televisi\u00f3n autoritario que instaurou o franquismo evolucionou ao longo da s\u00faa historia, na li\u00f1a das reformas que introduciu o propio r\u00e9xime ditatorial, pero sen renunciar a imposici\u00f3n dun espazo p\u00fablico totalmente unificado. Esta tendencia rompeuse coa chegada da restauraci\u00f3n democr\u00e1tica, cando, despois dunha primeira etapa de continuidade, d\u00e9ronse pasos adiante para fixar novas regras de xogo. Foi as\u00ed como, froito dos denominados Pactos da Moncloa, acordouse a creaci\u00f3n dun Consello Rector Provisional de RTVE que se encargou do futuro estatuto e de conducir o cambio, que chegar\u00eda coa d\u00e9cada dos oitenta.<\/p>\n<p>O monopolio p\u00fablico, logo de asentar un modelo gubernamental, encontrouse coa chegada da televisi\u00f3n privada, coa aparici\u00f3n das auton\u00f3micas, e con moitas improvisaci\u00f3ns que, pouco a pouco, puxeron pedras no cami\u00f1o de RTVE. A s\u00faa econom\u00eda entrou en crise e, a partir dese momento, multiplic\u00e1ronse os problemas. Os distintos gobernos seguiron utilizando os mecanismos de control, uns m\u00e1is ca outros, e non quixeron buscar acordos para un cambio de modelo. O medio quedou nunha encrucillada de dif\u00edcil sa\u00edda.<\/p>\n<p>Estas distintas etapas est\u00e1n perfectamente retratadas no estudo de Enrique Bustamante, quen, na \u00faltima parte do seu traballo, presta especial atenci\u00f3n \u00e1 necesidade de  dese\u00f1ar un novo modelo que asegure una televisi\u00f3n p\u00fablica competitiva e democr\u00e1tica. Bustamante sost\u00e9n que o Goberno de Rodr\u00edguez Zapatero xerou fortes expectativas de rexeneraci\u00f3n do servizo p\u00fablico, a\u00ednda que cunha pol\u00edtica zigzagueante. Esa falta dun plan preciso e ambicioso para RTVE provoca que se mante\u00f1an moitos interrogantes no que atinxe ao seu futuro. <\/p>\n<p>Certamente, neste libro Enrique  Bustamante non s\u00f3 conta o moito que sabe da televisi\u00f3n en Espa\u00f1a e das s\u00faas etapas, sen\u00f3n que arrisca propostas de futuro para acadar un modelo que responda as necesidades do servizo p\u00fablico audiovisual na era dixital. A s\u00faa \u00e9 unha aposta intelixente de futuro para a televisi\u00f3n p\u00fablica.<\/p>\n<p>Xos\u00e9 L\u00f3pez<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Radio y televisi\u00f3n en Espa\u00f1a. Historia de una asignatura pendiente de la democracia Enrique Bustamante Gedisa, 2006. 285 p\u00e1xinas A celebraci\u00f3n no ano 2006 do cincuenta aniversario da chegada da televisi\u00f3n a Espa\u00f1a animou a elaboraci\u00f3n de varios estudos e a publicaci\u00f3n de libros nos que se analiza a traxectoria da televisi\u00f3n no Estado, desde &#8230; <a title=\"Achegas para un novo modelo de televisi\u00f3n p\u00fablica\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/2007\/02\/26\/achegas-para-un-novo-modelo-de-television-publica\/\" aria-label=\"Read more about Achegas para un novo modelo de televisi\u00f3n p\u00fablica\">Read more<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-11","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-publicacions"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.0","language":"en","enabled_languages":["gl","es","en"],"languages":{"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"es":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/novosmedios.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}