• Logo
  • Logo
Que é isto?

Que é isto?

A Universidade de Santiago de Compostela en realidade virtual. Este proxecto pioneiro no ámbito europeo xorde de mans dos estudantes de Xornalismo, coa idea de mostrar os espazos emblemáticos da institución compostelá de maneira inmersiva. A tecnoloxía empregada permite ao espectador unha liberdade incomparable, coa que poderá explorar ata o último recuncho da Universidade. #USC360 concentra nuns poucos minutos a beleza destes espazos históricos, a perfecta combinación de saber, cultura e deporte.

Historias

  • Historia da USC

    O patrimonio histórico da centenaria universidade compostelá como nunca fora visto anteriormente. Unha experiencia inmersiva arredor de séculos de educación, cultura e progreso na capital de Galicia.

    Read more Historia da USC

    Deporte na USC

    Esta peza aborda a relación dos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) co deporte, un piar básico da vida cotiá de alumnos e docentes grazas ás múltiples posibilidades dispoñibles.

    Read more Deporte na USC

    Ciencia na USC

    Neste vídeo profundizaremos nos sotos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde a ciencia experimental cobra vida e onde presenciar en primeira persona como funciona a investigación no eido da química no mundo dos laboratorios.

    Read more Ciencia na USC

    Cultura na USC

    Neste vídeo móstranse tres actividades culturais da USC en tres escenarios distintos. Un ensaio de orquesta e baile na Escola Municipal de Música de Santiago, un concerto de violín e piano no paraninfo da Facultade de Historia e humor friki no Centro Galego de Arte Contemporánea. Tres experiencias únicas para disfrutar dende casa.

    Read more Cultura na USC