Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Publicado o informe Digital in 2018

O informe Digital in 2018, publicado por We are social e HootSuite, avalía o estado actual do escenario dixital, con atención sobre a dimensión social. A rede conta xa con máis de 4 mil millóns de usuarios e os usuarios activos en redes sociais son arredor de 3,2 mil millóns, cun crecemento do 13% respecto a xaneiro de 2017. Read more

Tendencias para o 2018 do Reuters Institute

O Digital News Project do Reuters Institute for the Study of Journalism e a University of Oxford publicou o informe Journalism, Media, and Technology Trends and Predictions 2018, dirixido por Nic Newman. Neste documento sinalan o peso que terán as tecnolóxicas no ano que comeza, en relación ás críticas que recibirán pola consecuencia da súa actividade na sociedade. Read more

Going Digital: transformación nos medios tradicionais

O Reuters Institute for the study of Journalism  e a University of Oxford publican o informe Going Digital. A Roadmap for Organisational Transformation no marco do Digital News Project. O documento plantexa a necesidade dunha transformación nos medios que debe afectar tanto ao contido –como veñen adaptando– como á organización. Baseado en 60 entrevistas, o informe aborda as plataformas tecnolóxicas Read more

NiemanLab e o futuro do xornalismo no 2018

O NiemanLab presenta as súas predicións para o 2018 con contribucións de numerosos expertos. Estes apuntan a diferentes áreas de desenvolvemento como o usuario, a automatización, fake news, personalización, microformatos para redes sociais, modelos de pago, realidade virtual, etc. O informe completo en: http://www.niemanlab.org/collection/predictions-2018/

The New York Times refírese a 2018 como “o ano da audiencia”

Nunha nota de prensa do 7 de decembro, os editores do diario estadounidense manifestan que queren situar ao usuario no centro da súa estratexia: coñecelo mellor, competir mellor polo seu tempo e a súa atención e demostrar aos que non os coñecen cal é o valor do Times e por que merece a pena pagalo. We Read more

Publicado o libro Periodistas (in)formados

A profesora de Xornalismo na Universidade de Valladolid Pilar Sánchez acaba de publicar o libro “Periodistas (in)formados. Un siglo de enseñanza periodística en España: historia y tendencias” no que analiza o ensino do xornalismo en España no último século. O texto abarca desde as primeiras escolas de xornalistas de principios do século XX até as Read more

Como Silicon Valley rediseñou o xornalismo

O Tow Center for Digital Journalism da Columbia Journalism School presentou o informe The Platform Press: How Silicon Valley Reengineered Journalism, dentro do seu proxecto de investigación Platforms and Publishers. Nel aborda como as redes sociais e as tecnolóxicas toman parte no xornalismo norteamericano, ao tempo que os medios levan os contidos a plataformas de terceiros. Entre Read more

Os móbiles superan ao ordenador como acceso ás noticias dixitais en España

A comunicación móbil traspasa novas fronteiras en España. No ano 2017, por primeira vez os dispositivos móbiles superaron ao ordenador fixo como primeira vía de acceso ás noticias dixitais (47% fronte a 46%), segundo o “Digital News Report.es 2017”, que elabora no noso ámbito o Center for Internet Studies and Digital Life da Universidade de Read more

Preséntase o “Observatorio de Nuevos Medios”

O proxecto Observatorio de Nuevos Medios pretende ser un “censo vivo” dos novos medios con cobertura internacional, enfocándose en España, Estados Unidos e América Latina. Fundado por Marga Cabrera e coordinado por Jorge Morillo, trátase dunha iniciativa financiada polo programa de investigación do BBVA e conta con colaboradores como a Universitat Politècnica de València, Sobre o concepto de novo Read more

O Reuters Institute publica as súas previsións sobre tecnoloxías e medios para o ano 2017

Como cada ano por estas datas, o Reuters Institute vén de publicar o seu informe arredor das previsións sobre xornalismo, medios e tecnoloxías para o ano 2017. O estudo, elaborado polo investigador Nic Newman, apunta que as principais novidades centraranse na situación creada pola incidencia negativa das tecnoloxías na calidade da información, logo do eco Read more

Older · Load More