Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Os editores de medios anuncian máis iniciativas para podcasts, audio dixital e TikTok, segundo o informe de tendencias do Reuters Institute para 2023

A sostibilidade dos medios nun contexto de inflación desenfreada constitúe unha das principais preocupacións dos editores de medios de comunicación da nosa contorna, segundo afirma o informe sobre tendencias e predicións de xornalismo medios e tecnoloxía para 2023 do Reuters Institute (Journalism, Media, and Technology Trends and Predictions 2023). Os editores que responderon á enquisa na que se sustenta este informe din que inverterán máis recursos en podcasts e audio dixital, así como en boletíns informativos por correo electrónico; entre as redes sociais que medrarán nas súas estratexias atópanse TikTok e YouTube. Sobre a ola de innovación tecnolóxica que introduce a intelixencia artificial (IA), afirman que lles permitirá afrontar novos desafíos que lles abre novas oportunidades, pero que tamén introduce renovados debates éticos.

O informe completo está dispoñible en: https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/journalism-media-and-technology-trends-and-predictions-2023

Sobre Xosé López

Xosé López es catedrático de Periodismo de la Universidade de Santiago de Compostela y director del grupo de investigación Novos Medios.