Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

O “Digital News Report 2022” apunta cambios radicais no acceso ás novas

DNR2022

O informe “Digital News Report”, que anualmente elabora o Reuters Institute for the Study of Journalism, da Universidade de Oxford, e do que o pasado 15 de xuño de 2022 se fixo pública a última edición, achega abundantes datos dun cambio radical no acceso ao consumo de novas, especialmente polos sectores cidadáns máis mozos. No estudo indícase que as vías que utilizan os consumidores de noticias para acceder ao xornalismo son cada vez máis diversas e que só o 23 por cento prefire comezar a súa lectura nun sitio web ou aplicación de noticias. Do mesmo xeito, o informe destaca que cada vez máis persoas optan por evitar as noticias.

Máis información en: https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/digital-news-report/2022

Sobre Xosé López

Xosé López es catedrático de Periodismo de la Universidade de Santiago de Compostela y director del grupo de investigación Novos Medios.