Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Center for Media, Data & Society: Novo estudio global sobre a independencia dos medios estatales no mundo

O Centro para os Medios, Datos e Sociedade (CMDS), dirixido polo investigador Marius Dragomir, ven de publicar o estudo ‘The State of State Media’ sobre a independencia dos medios estatais no globo.

Neste estudio, o CMDS presenta unha nova ferramenta para avaliar a independencia editorial dos medios de comunicación estatales do mundo e conclúe que casi o 80% dos 546 medios de comunicación administrados polo Estado en 151 países carecen de independencia editorial.

[Accede ao estudo clickando aquí]

Empregando o novo State Media Matrix, o estudo abarca 546 medios de comunicación estatais en 151 países del mundo. Dragomir constata que o control gubernamental nos medios de comunicación estatais alcanzaron niveis extremadamente altos. Casi o 80% dos 546 medios de comunicación administrados polo Estado carecen de independencia editorial. Máis do 80% dos 436 medios de comunicación cuxa axenda editorial está controlada polo goberno entran na categoría de medios controlados polo Estado. Dos 110 medios de comunicación estatais que teñen independencia editorial, só 18 son calificados como medios de comunicación independentes de servizo público: 11 deles teñen a súa sede en Europa, e a maioría en cinco países de Europa Occidental.