Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Cruz Negreira recibiu en Sevilla o VI Premio de Tesis Doctoral Lorenzo Gomis

A doutora Cruz Negreira, profesora do Departamento de Ciencias da Comunicación e investigadora do grupo Novos Medios, recibiu o VI Premio Lorenzo Gomis no acto de clausura do XXVII Congreso Internacional da SEP, celebrado en Sevilla. O galardón foille entregado polo vicepresidente da Sociedad Española de Periodística, o catedrático de Xornalismo Andreu Casero, quen destacou que o premio foille outorgado por unanimidade do xurado. Cruz Negreira agradeceu a distinción “por dar recoñecemento e visibilidade aos que iniciamos o camiño”.

https://periodistica.es/maria-cruz-negreira-obtiene-el-premio-lorenzo-gomis-2021/

https://periodistica.es/premio-lorenzo-gomis/