Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Publicación libro: The Values of Public Service Media in the Internet Society, editado por Miguel Túñez López, Francisco Campos Freire & Marta Rodríguez Castro

O libro “The Values of Public Service Media in the Internet Society” vén de ser publicado pola editorial Palgrave Macmillan. Este volume recompila o traballo dun equipo internacional de máis de 40 investigadores e investigadoras arredor do valor dos medios de comunicación de servizo público e dos retos e das oportunidades aos que se enfrontan no actual contexto dixital.

As 16 contribucións que conforman este volume estrutúranse en tres bloques temáticos precedidos dunha introdución: 1) estratexias de innovación, 2) gobernanza e regulación e 3) reforzo democrático. Ao longo dos distintos capítulos configúrase unha panorámica sobre os principais valores, tanto tradicionais como recentes, que distinguen ao servizo audiovisual público, desde a alfabetización mediática ata o seu impulso ás industrias creativas do seu territorio.

“The Values of Public Service Media in the Internet Society”, editado por Miguel Túñez-López, Francisco Campos-Freire e Marta Rodríguez-Castro, forma parte dos resultados das actividades do proxecto “Novos valores, gobernanza, financiación e servizos audiovisuais públicos para a sociedade de Internet: contrastes europeos e españois” (RTI2018-096065-B-I00), impulsado polo grupo Novos Medios.

O libro está dispoñible na web de Palgrave Macmillan e en SpringerLink.