Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Nace Science Pulse, unha ferramenta para a curadoría de contidos sobre a COVID-19

Atopar fontes científicas verificadas a través das redes sociais, ese é o obxectivo de Science Pulse. Sergio Spagnuolo lidera este proxecto en colaboración con Volt Data Lab.

Grazas a esta app os xornalistas poden viaxar a través do ruído e da desinformación que se xera día a día nas redes sociais arredor da pandemia da COVID-19 e chegar a fontes científicas de relevancia que estean achegando información veraz e de utilidade para a cidadanía.

“Os científicos e os xornalistas teñen un historial de colaboración. Pero, nun momento en que as redes sociais crean as súas propias burbullas, difíciles de superar, ás veces necesítase unha ponte entre as conversacións que teñen lugar en ambos os lados. Os xornalistas poden beneficiarse enormemente de saber que comparten os científicos e os expertos nas redes sociais”, palabras do propio Sergio Spagnuolo en clasesdeperiodismo.com.

A ferramenta está accesible en sciencepulse.org/app e poden utilizarse en portugués, castelán e inglés.