Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

A información supón o principal gasto dos PMS da UE

Os medios de servizo público (PSM) da Unión Europea gastan cada ano 5,5 billóns de euros en programas informativos, o que representa o 28 por cento do total dos custos de programación, segundo o informe ‘Public Service Media and News’, publicado pola Unión Europea de Radiodifusión en 2020.

Nun contexto no que o gasto en información supón un 26 por cento do total, por riba incluso da ficción -20 por cento-, os medios de servizo públicos europeos, a través de canles de televisión, radios, e directos de internet, representan unha gran redacción que empregaba máis de 40.000 xornalistas en 2019.

No caso da televisión, os medios públicos emiten 400.000 horas de noticias cada ano, mentres que as radios destinaron en 2019 o 56 por cento dos seus minutos á información. Así mesmo, a análise de 29 organización en 25 mercados mediáticos europeos revela que a porcentaxe de noticias nas programacións incrementouse un 1,6 por cento con respecto a 2018.

Os medios de servizo público tamén ofrecen aos seus públicos alternativas dixitais e, nesta liña, sobresae o feito de que o 58 por cento das organizacións conta con aplicacións móbiles exclusivas de información. Esta é a vía pola que están alcanzando as audiencias máis novas e tamén as infantís con servizos exclusivos.